O UC Cee álzase co título Cadete con dúas xornadas de marxe

07:46 09/04/25
Vencía este sábado ao Xallas e se convertía no primeiro campión do fútbol base costeiro. Os goles de Lois, Antón e Jairo permitían ao UC Cee alzarse co título da Liga da Costa, a 2ª FUTGAL, por diante do Soneira e o Sofán.
Comandado por Abraham e coa axuda de Antón Lestón, o cadro ceense buscará rematar a campaña invicto (leva 21 vitorias e 3 empates) nas dúas xornadas que quedan.
Con todo, o cadro ceense non poderá ascender, porque a nova reestruturación do fútbol base provocará a eliminación da 1ª FUTGAL provincial, polo que todos os equipos da actual segunda vivirán un ascenso pantasma á nova 1ª FUTGAL comarcal.