Lucía Dourado e Rut, a Premio Pombo e a Pichichi do #FutfemdaCosta
Rematou a liga regular da Liga da Costa FEM, e co peche xa podemos anunciar os dous premios para a porteira menos goleada e a máxima goleadora do noso FUTFEM. A meta malpicá do Corme, Lucía Dourado, e a dianteira de Carreira da Esteirana, Rut Castro, levan o Premio Pombo e a Premio Pichichi do Futfem da Costa 2024/2025. Serán dúas das privilexiadas que poidan levar un dos prezados balóns da Olería de Buño.
As 10 máximas goleadoras
Pelexado ata o final estivo o premio para a máxima goleadora. Pero é que 3 das nosas xogadoras teñen números históricas, sendo as 3 máximas goleadoras de todos osgrupos da 2ª e da 3ª Div. Galega.
Chegaba a cormelá Naroa, que quixo volver a casa para subir ao seu equipo, con vantaxe nas últimas xornadas, pero unha inoportuna lesión a varias xornadas do final, deixouna coa conta fixa en 56 dianas. Con varias xornadas de marxe, as esteirás Rut e Bárbara se puxeron ao lío, para alcanzala, e finalmente foi a de Carreira a que conseguí, tras varias goleadas, chegar nada menos que a 59 tantos, polos 50 da capi blaugrana.
A lista das 10 primeiras dá para outra Selección tremenda como a do pasado Nadal:
PICHICHI FUTFEM | Goles | Partidos xogados |
Rut (Esteirana) | 59 | 22 |
Naroa (Corme) | 56 | 23 |
Bárbara (Esteirana) | 50 | 24 |
Barca (Muxía) | 31 | 18 |
Laura Lires (Outes) | 31 | 23 |
Eva Lema (Dumbria) | 30 | 26 |
Claudia (Ponteceso) | 25 | 21 |
Patri Romaní (Muxía) | 23 | 23 |
Ollala (Xallas) | 22 | 28 |
Paty (As Miúdas) | 21 | 19 |
Paula Veiga (Cee) | 20 | 18 |
As Pombo
O Premio Pombo (cómpre lembrar que o premio leva o nome do meta cabanés falecido en 2015) tamén estivo moi reñido. Así o vemos con ata 5 porteiras recibindo menos dun gol por partido.
Finalmente a malpicá do Corme Lucía Dourado, é a porteira menos batida, seguida moi de preto da xalleira Rosío, da esteirá Maruxa, da muxiá Vero, da pontecesá Marí e da camariñá Desiree.
PREMIO POMBO FutFem | Goles | Partidos xogados |
Media |
Lucía (Corme) | 15 | 25 | 0,6 |
Rosío (Xallas) | 20 | 30 | 0,6666666667 |
Maruxa (Esteirana) | 19 | 22 | 0,8636363636 |
Vero (Muxía) | 21 | 23 | 0,9130434783 |
María (Ponteceso) | 21 | 22 | 0,9545454545 |
Desiré (Camariñas) | 21 | 21 | 1 |