Domingo. 28.04.2024
El tiempo

A experiencia inmersiva das xogadoras da Selección da Costa-QPC

Xogadoras da Seleccion da Futbol da Costa en Louro
Xogadoras da Seleccion da Costa-QPC na praia de San Francisco
A experiencia inmersiva das xogadoras da Selección da Costa-QPC

O partido Solidario de Agra da Filgueira foi toda unha festa solidaria do noso FUTFEM. Pero xornada, para as convocadas por Fran Figueroa, Rubén Souto e Gini Vidal, foi moito máis que un só partido.

A implicación dos adestradores fixo que as rapazas vivisen unha xornada inesquecible. Quedaron xa ás 11:00h no campo Agra da Filgueira, onde a familia da UD Monte Louro xa estaba atenta para abrirlles o campo para poder celebrar unha xornada de adestramento.

Xogadoras da Seleccion da Futbol da Costa en Louro adestrando
Adestrameno matutino en Agra da Filgueira

Ao remate do adestramento foron xantar no Restaurante San Francisco. Especial agradecemento merecen os responsables do restaurante loureán, que trataton ás nosas rapazas como verdadeiras estrellas cun servizo e unha atención que agradece toda a familia de QPC.

Xogadoras da Seleccion da Futbol da Costa en Louro 2
Selección da Costa-QPC coa familia do Restaurante San Francisco de Louro

Despois aínda tiveron tempo de foron dar un pase pola praia de San Francisco, pero faltoulles un anaco máis para ir botar un baile ás Festas do Apóstolo de Louro, pois de contado xa voltaron ao campo, para quentar e disputar o partido. Venceron 5-0 e despois puideron compartir coa familia do Cambre duns petiscos, gracias ao Concello de Muros.

Mágoa que non puideran asistir ás convocadas do Cee e Muxía, que tiñan esa mesma tarde outro partido solidario, pero a experiencia que viviron estas 22 rapazas foi impresionante, facendo aínda máis real a intención de QPC de vertebrar a Costa da Morte a través do deporte, e permitindo que unha rapaza de Corme teña unha fermosa relación con unha de Muros.

Gracias a todas Adriana Siaba, María García, Saskia, Martina, Kelly, Claudia Oanes, Andrea Romero, Carla Pose, Ollala, Yasmina, Naroa, Nuria Tuset, Mirian, Leny, Lucía, Irene, Tamara, Carla, Claudia Cundíns.

Máis novas

Comentarios