Dumbría e Muxía métense na final da Copa da Costa FEM

Xa temos finalísima da Copa da Costa Feminina. Dúas quendas de penaltis para Isma Pose
Ponteceso - Dumbría (2-7)
- Ponteceso: María, Claudia, Andrea, Eva Carril, Sarai, Silvia, Eva Lago, Ahinoa, Oanes, Myre, Muíño. Tamén: Noe, Lara, Keren, Lucivili, Virgi, Berdeal.
- Dumbría: Lissette, Carril, Nélida, Mai, Kelly, Sabela, Cundíns, Lara, Paula Fandiño, María e Eva Lema. Tamén: Lucía, Sheila, Mariña, Yaiza, Laura, Yoli e Carla.
- Goles: 0-1, m.2: Claudia Cundíns; 0-2, m.20: Eva Lema; 0-3, m.31: Eva Lema; 1-3, m.34: Myre de penalti; 1-4, m.36: Eva Lema; 1-5, m.42: Eva Lema; 2-5, m.61: Oanes; 2-6, m.65: Paula Fandiño; 2-7, m.87: Mariña.
Muxía - Cee (2-2)
- Muxía: Vero, Ana Toba, Marta, Nerea Pazos, Andrea Prioja, Nerea Barrientos, Andrea Dom., Raquel, Patri Romaní, Elsy e Barca. Tamén: Paula Vilela, Claudia, Paula Rey, Nuria e Karen.
- Cee: Noemi, Lurs, Uxía, Nerea, Ramos, Sabela, Laura, Martínez, Naiara, Sharay, Saray. Tamén: Valeria, Lucía Caamaño, Nayara Casais, Gala e Minerva.
- Goles: 0-1, m.18: Nerea; 1-1, m.33: Barca de penalti; 1-2, m.42: Nerea; 2-2, m.90: Patri Romaní.
Gran partido o vivido na Arliña. O Muxía recibía a un Cee dunha categoría maior, con máis experiencia e percorrido, pero as muxiás non se achicaron. Empezaron ben as corviñas, sólidas atrás e tendo varias ocasións, pero eran as de Rafa as que se metían por diante nun córner que remata a brava Nerea. Eran os mellores minutos das visitantes, ata que Barca empataba dende os 11 metros. Xusto antes do descanso, Nerea, desta volta na zona de ataque, culminaba unha transición rápida que collía ás muxiás con ocos.
Na segunda parte o partido tras uns primeiros 20 minutos de mediocampismo, empezaria a romperse coas de Isma Pose asumindo máis riscos e indo polo empate. Tivo un par de córners o cadro local, pero non foi ata o minuto 90 cando aparecía Patri Romaní para marcar dende 30 unha falta que tocaba no longueiro e mandaba o partido aos penaltis.
Os penaltis como sempre son unha loteria, pero a gran protagonisa foi a meta roxiña Vero, que pararia ata 3 penaltis, incluído o último a Lurs, despois de que Paula Vilela marcase o quinto para unhas locais que se meten na finalísima da Copa da Costa.