xoves. 29.05.2025
El tiempo

O máxico proceso de creación dos balóns da Olería de Buño da Gala do Fútbol da Costa

Mans da leira Maria Canedo facendo os balons da Oleria de Buno
As mans da oleira María Canedo facendo os balóns da Olería de Buño para a X Gala do Fútbol da Costa
O máxico proceso de creación dos balóns da Olería de Buño da Gala do Fútbol da Costa

Queda menos para a X edición da Gala do Fútbol da Costa - QPC. E outro ano máis queremos aproveitar o evento para poñer en valor o tesouro que temos na comarca coa Olería de Buño. Un ano máis, o obradoiro Feituras leva xa dous meses preparando os prezados balóns que locen só nos salóns dos e das mellores xogador@s da comarca.

Hoxe, Eloi Mancebo e María Canedo debúllanos como é o proceso, describindo como é o artesanal procedemento para crear estas xoias. Porque os balóns constan de tres partes, como nos conta Canedo:

  • O balón, que é a máis importante e tamén a máis complexa.
  • O soporte, que é sobre o que vai colocado o balón.
  • A base, que é sobre a que vai colocado o trofeo.

Unha vez teñamos as tres partes e cando o encalecido do barro nolo permíta, chega a montaxe. Primeiro unimos o balón ao soporte, e proseguimos coa parte máis estresante, debuxar as figuras xeométricas, debuxamos nin máis nin menos que un total de 1.458 figuras...pra tolear. O seguinte paso é a decoración, que se realiza con engobes cerámicos (neste caso de cor branca), unha vez decorado montamos a terceira parte que é a base. Coa peza montada o seguinte paso é o secado, un proceso ao que como é lóxico inflúelle tamén a temperatura ambiente, cando a peza estea completamente seca e non corra o risco de rebentar no forno, dispoñémonos a realizar a primeira cocción das pezas, o "recocido" que se realiza a 850°. Despois da primeira cocción toca desenfornar, esmaltar (que é o que lle dá brillo á peza) e volta a cocer, pero esta vez a 1.050°.
Unha vez cocido e desenfornado xa teremos os trofeos para entregar na Gala.

Máis novas

Comentarios