O Mazaricos cambia de rumbo

Casais con Miki nunh das Galas de QPC
Casais, con Miki, nunha das Galas de QPC

Atópase fóra dos postos de descenso directo da 1ª Galicia, pero con tan só 2 puntos de marxe precisamente sobre o Volantes, despois dunha serie de 6 partidos sen coñecer a derrota. Unha situación deportiva que provoca unha marexada no Mazaricos CF, que esta pasada noite de mércores anunciaba cambios importantes.

Emilio Carreira deixa a presidencia do club, despois dun traballo excelente, cun título da Liga da Costa e un ascenso á 1ª e mesmo a creación do primeiro equipo feminino.

Volve a tomar o mando Casais, coa mesma directiva de hai 3 anos, e que xa levan dende outubro traballando no seo do club.

A primeira decisión da directiva é o cese do adestrador. Era a primeira experiencia de Chicho, co que falabamos o pasado mes de decembro en profundidade, no Fútbol da Costa, pero de seguro que vemos máis veces por aquí ao adestrador da Serra de Outes.

A primeira opción para ocupar o posto é Néstor Romero, que xa fora adestrador amarelo durante varias temporadas, pero aínda falta a súa confirmación a volver aos bancos despois dunha temporada de descanso.

Novas relacionadas