Martes. 02.06.2020
El tiempo

Chicho, adestrador do Mazaricos: "O Fútbol da Costa cúrteche moito"

Seguimos coa nosa serie de entrevistas arredor do Fútbol costeiro e facemos parada na Pedra de Ouro. Alí, o Mazaricos estrea este curso categoría, e adestrador. Despois dun comezo complicado nesta esixente 1ª Galicia, Chicho (Daniel Suárez Mayo), parece ter enderezado o rumbo da nave amarela, e cóntanos como está a ser esta a súa primeira experiencia no fútbol costeiro.
Falamos con Chicho, adestrador do Mazaricos
Falamos con Chicho, adestrador do Mazaricos
Chicho, adestrador do Mazaricos: "O Fútbol da Costa cúrteche moito"
  • QPC: Como esta a ser a túa primeira experiencia no Fútbol da Costa?

Pois está a ser moi positiva a modo de aprendizaxe. A paixón da Costa polo fútbol xa a coñecía da miña etapa como xogador nas inferiores do Outes e na Esteirana en seénior. Pero como entrenador ves as cousas de outro modo... O xogador da Costa xa é de por sí apasionado e competitivo, e é moi moi do equipo do seu pobo... Todos os xogadores que veñen de fóra a xogar decátanse diso ás primeiras de cambio, e condicionan que ben se adapten e rindan moi ben ou todo o contrario…
En xeral podo decir que ata agora a experiencia está sendo positiva en canto o que me está reportando como entrenador que intenta aprender e gañar experiencia... O fútbol da Costa cúrteche moito cando as cousas van mal e eu sempre digo e penso que da derrota e dos fallos e do que se aprende... E neso estamos, en aprender.

 
  • QPC: Será a túa primeira Copa da Costa, como adestrador motívache xogala, ou prefires or paso a paso, e primeiro liga e despois xa será a Copa?

A verdade é que a mística e a paixón que ten tras de si a Copa da Costa fai que sea unha competición motivante para os equipos que a disputan. Para min como entrenador principiante tamén o é, sin dúbida... Pero o obxectivo claro do Mazaricos está en acadar a permanencia na 1ª Rexional... Si a plantilla responde sen lesións e no físico... Trataremos de ser o máis competitivos posibles na Copa da Costa... Seguro.

 
  • QPC: Que tal no Mazaricos, un equipo recén ascendido. Como valoras a adaptación á categoría por parte do club e do plantel?

Pois despois dunha pretemporada e un inicio da competición marcada polas lesións, e algún que outro inconveniente na dirección... que derivou na marcha de xogadores tan importantes como Stefan ou o mismo Roberto Amoedo que viña de ser buque insignia do club e a base na que asentou o Mazaricos o seu proxecto nos últimos anos… custounos moito ser competivos e subir o nivel que che esixe a 1ª rexional... Estamos traballando, tanto os xogadores coma eu para acadar ese nivel... Dos xogadores teño que dicir que saben estar a altura do club nas boas e nas malas, e eu que pasei por varios vestuarios como xogador, nunca me encontrará cun ambiente tan bo e sano como se respira aquí... Eso sin dúbida é un aliciente máis á hora de entrenar e tratar de acadar os obxectivos.
O club despois de que se sumara a dirección para tratar de axudar e encauzar as cousas o grupo de persoas nas que Casais e a cabeza visible... Acadou unha tranquilidade e un bo facer que van polo camiño correcto. Teño que decir que Emilio Carreira é un home que sempre intenta axudar e traballar para o club... el xa de por si e un home de club, pero a xestión e a maneira de levar a cabo as previsións da temporada tíñano máis que superado.

 
  • QPC: O comezo foi un pouco irregular, cal pudo ser o motivo?

O motivo de que iniciasemos a competición de forma tan irregular foi que, primeiro a pretemporada foi moi convulsa en canto a confección da plantilla, a esto sumouse algunha que outra lesión importante, outra que eu como adestrador era a primeira vez que entrenaba seniors... E tamén cometín algún que outro erro... A esto sumouse que a na dirección as cousas andaban convulsas, e todo esto deriva no propio cambio na dirección do equipo, (entra unha nova directiva), e sin tempo de nada Roberto Amoedo e Stefan, dous dos buques insignia para está temporada en 1 rexional, ambos por diferentes motivos, deixan o equipo…
Todo isto fixo que o inicio fora malo... Pero lonxe de baixar os brazos o equipo fixo bloque, os capitáns E. Pereiro, Estefano, e Ricardo portáronse como tres auténticos líderes e señores que son... E souberon estar a altura das circunstancias... E iso fixo que pouco a pouco lle estemos a coller o ritmo a competición... Un ritmo do que éramos carentes o principio.

 
  • QPC: Agora ao equipo notáselle unha melloría, que mudou?

Mudou a forma de formular as diferentes situacións a que esixe a categoría en si... Todos tivemos e temos que dar un paso en canto a esixencia á hora de competir e entrenar.
Agora saímos ao campo sabendo que todos... Técnico e xogadores temos que dar a nosa mellor versión para acadar algo positivo en cada encontro. Cando algo falla sean xogadores dentro do campo ou eu mesmo que me trabuco a hora de facer os cambios ou no plantexamento mesmo do partido... repercute.

 
  • QPC: A marcha de dous xogadores coma Estefan ou Amoedo, afectou o equipo?

Evidentemente que sí. Son dous xogadores contrastados en categorías superiores que atesouran unha gran experiencia... Víronse envoltos en moitas situacións complicadas nesto do fútbol e a súa experiencia e saber estar era o factor positivo.
Teño que dicir que ambos son dous auténticos gañadores e profesionales, e que sempre souberon estar a altura das circunstancias... Pero foron as propias circunstancias as que os levaron a tomar a decisión de deixar o club, todos o respetamos e o entendemos.
Eu con Amoedo xamais tuven un problema, sempre nos dixemos as cousas de maneira directa... E todo o que teño son palabras boas e de agradecemento cara el... E con Stefan o mesmo.

 
  • QPC: Sodes un privilexiados por ter un campo de herba natural. Condiciona o teu traballo, e a maneira de xogar?

E un pro e un contra o mesmo tempo. Evidentemente nós estamos máis acostumados que a maioría dos nosos rivais á herba natural... E dependendo do estado do campo (no que a climatoloxía é clave), formulamos o noso fútbol dunha forma ou outra…
A falta de luz artificial fai que moi contadas veces poidamos entrenar nel. Así que moitas veces en función da previsión de como vaiamos encontrar o campo planteamos a semana dunha maneira ou outra.

 
  • QPC: Como adestrador, que seña de identidade queres que teña o Teu Mazaricos?

Eu quero que os meus equipos sexan e sepan ser o máis competivos posibles. A min personalmente gústame un estilo combinstivo de levar a iniciativa co balón... Pero un entrenador sempre se ten que adaptar aos xogadores que ten e tratar cos seus recursos de sacar o máximo posible de plantilla que dispón.
Neso estamos.
Agora mesmo estamos nun proceso na que unhas veces xogamos á contra, outras de forma directa e outras intentamos levar o peso e combinar... Na adaptación está o éxito.
Confórmome con que digan que o Mazaricos e un equipo competitivo e que dá ou intenta sempre dar a cara.

 
  • QPC: Obxectivo real do Mazaricos?

O obxectivo real é, e será, a salvación, ou acadar unha praza o ano que ven na 1ª rexional... Estamos pendentes sempre dos arrastres. Todo o que sea acadar a permanencia e conseguir o obxetivo.

 
  • QPC: Obxectivo persoal de Chicho?

O meu obxetivo en canto o club e conseguir manter a categoría.
No personal esta etapa estame servindo de aprendizaxe, para crecer como entrenador, (estou pendente de que FGDF saque data para realizar o antigo nivel 3 ahora Uefa Pro), e estouna valorando dunha maneira moi positiva... Agora mesmo son coma unha esponxa cada sesión de entrenamento, cada partido sempre me aporta algo.
Hai veces que te ves superado por mor das circunstancias e te ves en tesituras nas que nunca te planteastes estar... E aí recurro sempre a amigos con máis experiencia ca min dos que sempre agradezco un bo consello... Eu teño a sorte de falar moito con Manu "Roque" cando as cousas se torcen, porque días e semanas malos temolas todos... E se un as veces non busca consellos dos que saben máis que él... malo como o demo.
O meu obxetivo e formarme e ir apendendo de cada erro, de cada pedra no camiño.

ENTREVISTAS QPC

comentarios