Luns. 22.04.2019
El tiempo

2ª Galicia: O Mazaricos é o novo campión da Liga da Costa

O Mazaricos proclamouse campión da Liga da Costa logo de vencer ao Corme. Foto: www.diariodeportivo.gal
O Mazaricos proclamouse campión da Liga da Costa logo de vencer ao Corme. Foto: www.diariodeportivo.gal
2ª Galicia: O Mazaricos é o novo campión da Liga da Costa

A falta de dúas xornadas para o remate desta Liga da Costa, o Mazaricos logrou superar ao Corme nun partido condicionado pola espesa néboa na que brillaría un Piki que fixo tres goles para remontar o tanto inicial de Lucas e darlle tres puntos aos seus que lle serviron aos mazaricáns para proclamarse campións.

Pola súa banda, o Volantes de Baño venceu pola mínima ao Cee cun gol de penalti de Pesco e achégase ao Corme, co que pelexará de aquí ao final de tempada pola segunda praza.

O que tamén será interesante neste tramo final da tempada será a pelexa pola cuarta praza entre o Ponteceso que empatou cun Sporting Zas que ten a permanencia na súa man, e un Muxía que superou pola mínima ao Malpica.

Mentres tanto, o Cerqueda caeu ante un necesitado Lira e o Buño sumou tres puntos ante o Monte Louro que poden ser vitais para continuar a vindeira tempada na Liga da Costa.

E no outro duelo da zona baixa, o Ameixenda logrou a súa terceira vitoria da tempada despois de derrotar a un Muros que se mete en moitos problemas de cara a este tramo definitivo da tempada.

Mazaricos CF 3 – 2 Corme CF

Manteo a Piki

Mazaricos CF: Miguel, Mario, Borja, Pose, Pereiro, Raúl (Barbeira m.46), Diego (Martín m.87), Estéfano, Ricardo, Piki (Carreira m.81), Yago Dosil (Amoedo m.70).

Corme CF: Suso, Brais Torrado, Brais Andrade (Fabián m.76), Alejandro (Javi Bermúdez m.85), Pandi, Eloy, Jesús, Lucas, Manu Bermúdez (Samu m.66), Adrián Doldán (Ángel m.88) e Alejo.

Goles: 0-1 m.35: Lucas; 1-1 m.48: Piki; 2-1 m.59: Piki; 3-1 m.75: Piki.

A néboa foi un gran condicionante durante practicamente todo un encontro que levantou moita expectación xa que estaba en xogo, nada máis e nada menos, que o título de campión da Liga da Costa.

Tanto condicionou que o encontro comezaría con media hora de retraso, pero unha vez que comezou a rodar o balón, a intensidade que ambos equipos lle imprimiron ao partido foi tal, que a pesares de non verse un fútbol vistoso, fixo que fose entretido.

As ocasións tardarían en chegar e na primeira delas, dous dos homes importantes desta Liga da Costa citaríanse cara a cara pero Miguel sería o que lle gañaría a partida a Alejo no man a man para manter o empate no marcador.

Non ser faría de rogar a resposta dos locais, pero aparecería un inconmensurable Suso para evitar que Diego fixese o primeiro á reviravolta.

A falta de dez minutos para o descanso, un libre directo de Lucas superaría a un Miguel que puido facer algo máis e supoñería o 0-1 que lle daba vida ao Corme na pelexa pola liga.

Antes de que os equipos puxesen rumbo aos vestiarios, Mario puido devolver as táboas ao marcador pero de novo Suso evitaría o gol ao atallar o balón sen excesivos problemas.

Na reanudación, o Mazaricos saíu en tromba e Piki convertiríase na estrela do partido, primeiro, ao facer o empate cun bonito gol de falta e logo ao materializar unha dobre ocasión que desbarataría Suso en primeira instancia cunha gran intervención pero que solventaría o dianteiro mazaricán para facer o 2-1.

Este gol parecía deixar medio tocado a un Corme que non daba mostras de reaccións ante un Mazaricos moi metido no encontro e que tivo unha gran dobre oportunidade de Yago Dosil para aumentar a súa vantaxe, pero volvería a ser Piki no minuto 75 quen poñería as cousas moi favorables para os amarelos co 3-1.

Tras isto, a néboa voltou a facer presenza nun Peña do Ouro que aínda tería que sufrir para celebrar o título xa que Alejo lle deu emoción e incerteza aos minutos finais, pero os de Roberto Amoedo souberon sufrir e mantiveron a vantaxe para proclamarse campións e convertir o municipal mazaricán nunha gran festa dos amarelos que levantan a súa segunda Liga da Costa despois de poñerlle a guinda a unha tempada para enmarcar.

Lira CF 2 – 0 UD Cerqueda

Lira - Cerqueda

Lira CF: Baitir, Óscar, Josiño, Rodrigo, Óliver (Chema m.80), Mamadou, Cristian Caamaño (Porto m.88), Borja, Raúl, Toni, Edu (Cristian Formoso m.57).

UD Cerqueda: Diego Dourado, Marcos Pensado, Atu (David Dourado m.62), Javi Pazos, Gonzalo (Manu Guillamet m.46), Dieguito (Julián m.71), Lorenzo, Ceide (Jonathan m.62), Méndez, Dani, Molinos (Martín Castro m.70).

Goles: 1-0 m.36: Cristian Caamaño; 2-0 m.66: Cristian Caamaño.

Expulsión: O liracho Raúl no minuto 27.

Partido que comezaba coa igualdade como tónica predominante, pero sen ocasións claras para ningún equipo. Unha falta de Dieguito que se foi fóra e un man a man de Oli errado foi o máis reseñable ata que no minuto 27, o colexiado expulsaría a Raúl por dobre cartón por protestar.

Complicábase a situación, pero os xogadores lirachos sacaron forzas de onde puideron e non se notou en ningún momento que o rival tiña un xogador máis.

Pouco despois Rodri, que fixo un partido extraordinario, corta un balón e asiste moi ben a un Cristian Caamaño que non erra no man a man.

Logo dese gol, o propio Cristian remataría de cabeza pero o porteiro visitante evitaría o gol cunha gran parada.

Tralo descanso, o guión era similar, ata que de novo Cristian Caamaño, tras unha gran asistencia de Toni, colocaría o segundo no marcador.

O Cerqueda intentou ir arriba e recortar distancias, o que facía que o Lira dispuxese de varias contras que os de Diego Lobelos non foron quenes de materializar.

Moi bo partido dun Lira que fixo un gran fútbol e que loitou cada xogada para achegarse ao obxectivo.

SD Ameixenda 2 – 1 CD Muros

Ameixenda-Muros

SD Ameixenda: Rubén, Kamacho (Saulo m.62), Samu, Cristian (Tomás m.60), Chucho, Castrexe, Mataso (Gabi m.87), Dany Añón (Álex m.51), Susiño (Po m.75), Juanfran e Javichu.

11 inicial do Ameixenda ante o Muros

CD Muros: Matías, Bernardo (Iván m.60), Juanchy (Pedro m.46), Adán (Bruno m.83), Dani, Varo, Siaba (Eloy m.88), Saúl, Xavi, Yanky, Suso Pata (Ramón m.60).

Goles: 1-0 m.17: Susiño; 1-1 m.26: Xavi; 2-1 m.39: Samu.

Expulsión: O local Tomás no minuto 95.

Partido moi difícil de xogar pola espesa néboa presente no Sampaio dos Refoxo o que fixo que desde os banquillos, ao estar separados do campo pola pista de atletismo, había momentos nos que se facía realmente difícil seguir o xogo.

O Ameixenda adaptouse mellor que o Muros a esas condicións e levaba o control do encontro, con chegadas de certo perigo. E froito deste dominio, chegou o gol que marcou Susiño ao aproveitar un rexeite da defensa muradana e de volea, dende uns 20 metros facer un auténtico golazo.

A partir do gol, o Muros deu un pasiño adiante buscando o empate, conseguindo Xavi o empate no minuto 26 tras aproveitar unha serie de rexeites e indecisións.

Aos ceenses non lle quedou mais remedio que voltar a tratar de levar a iniciativa. E o gol de Samu de cabeza ao fío do descanso acabaría significando o definitivo 2-1

Ao inicio do segundo tempo, xa sen néboa esperábase unha saída en tromba do Muros, pero nembargantes era o Ameixenda quen manexaba o encontro.

A medida que pasaban os minutos, o Muros intentaba crear perigo a base de meter centros a área pero o Ameixenda defendíase con orde e saía á contra. Nunha delas, no minuto 72, Saulo errou o 3-1 a porta baleira mandando o balón ao pau.

Tocáballe sufrir aos locais e ao final, tampouco o Muros creou ocasións claras, só destacar unha boa parada de Rubén, polo que os tres puntos quedaría en terras ceenses.

Sporting Zas 1 – 1 Ponteceso SD

Sporting Zas: Vázquez (Pereiras m.46), Tefy (Rubén m.46), Josito, Dani Mato (Pablo Vidal m.20), Brais (Amado m.46), Miguel, Fabi, Juan (Álvaro m.83), Manu, Santi e Carra.

11 inicial do Sporting Zas ante o Ponteceso

Ponteceso SD: Damián (Isaac m.79), Puente, Dani Cotelo, Matías, Eloy Trigo (Iago m.69), Nando, Recarey, Iván (Adrián m.74), Mendieta, Ismail (José m.80) e Luca.

11 inicial Ponteceso ante o Sporting Zas

Goles: 0-1 m.48: Matías (p); 1-1 m.84: Santi.

Como era de agardar, o Ponteceso levou a voz cantante coa posesión de balón no seu poder mentres o Sporting Zas se defendía ben para tratar de sorprender á contra, pero na primeira metade, as ocasións brillarían pola súa ausencia e chegaríase ao tempo de lecer co 0-0 inicial.

Nada máis voltar dos vestiarios, Matías faría o primeiro gol da tarde ao transformar un penalti para poñer por diante a un Ponteceso que faría que a dinámica de partido seguise sendo á mesma.

Pero nos minutos finais, o Sporting Zas adiantaría as súas filas e Santi faría o empate para darlle un punto aos seus co que case garantizan a salvación un ano máis na Liga da Costa.

SCD Malpica 1 – 2 Muxía CF

SCD Malpica: Eusebio, Mante, Andy, Fuentes, Laik (Dimitri m.70), Capelán, Aitor, Roberto (Jorge m.75), David (Marcos m.67), Gonzalo, Brais Ceán (Migueliño m.46).

Muxía CF: Noé, Michael, Brais, Congui, Pereira (Víctor Alcaina m.55), Toja (Mauro m.55), Julián, Manu Nogueira, Maikel, Mario (Reigía m.77) e Isma Pose.

Goles: 0-1 m.60: Mario; 0-2 m.78: Isma Pose; 1-2 m.85: Marcos.

Partido sen claro dominador nin ocasións, o que fixo que a igualdade fose a tónica predominante dun encontro que se resolviu na segunda metade grazas á velocidade dun Isma Pose que serviu a Mario para facer o 0-1 e que se encargou de superar a Eusebio logo dun balón en longo que poñería as cousas moi favorables para os muxiáns.

No tramo final, Marcos aproveitaría un erro defensivo para recortar diferenzas pero a vitoria dos de Adrián Lema non perigraría en ningún momento.

SD San Lorenzo 5 – 1 CD Baíñas

SD San Lorenzo: Rubén, Rudi, Luciano, Diego, Fuentefría, Mario (Jose m.60), Álex Fernández (Fidalgo m.59), Brais, Yago (Kuki m.33), Styven (Pablo Garrido m.68), Pablo Díaz (Juanjo m.73).

CD Baíñas: Paulo, Rodri, Luis, Cristian Canosa, Esteban Canosa, Pablo Muíño, Samuel, Felipe (Esteban Rodríguez m.82), Javi, Oreiro (Capote m.79) e Toño.

Goles: 0-1 m.14: Pablo Muíño; 1-1 m.26: Fuentefría; 2-1 m.42: Brais; 3-1 m.45: Brais; 4-1 m.56: Brais; 5-1 m.75: Brais.

Partido sen tension dominado de principio a fin por un San Lorenzo que xa nos primeiros minutos se puido poñer por diante con dous balóns ao longueiro, pero sería o Baiñas quen se adiantaría no marcador tras unha boa xogada colectiva que materializaría Pablo Muíño.

Pero este gol non cambiaría nada e os verdilleses daríanlle a volta ao marcador cos goles de Fuentefría e Brais, este último en dúas ocasións, para chegar ao descanso co 3-1 no marcador.

Na reanudación, Rubén evitaría calquera signo de remontada dos vimianceses e Brais poñería a puntilla con dous goles máis para que o marcador reflexase un 5-1 que de non ser por Paulo podería ser máis abultado.

Volantes de Baño FC 1 – 0 UC Cee

Volantes de Baño FC: Javira, Juan do Sivil, Thiago (Rapante m.85), Cacho, Godo, Pesco, Berto, Rachón, Jano (Santi m.47), Mou (Iván m.63) e Álex Pri.

UC Cee: Anxo, Martín, Jorge, Aitor, Esteban, Carlos Leis, Xabi (Brais Figueroa m.61), Astray, Chema, Luis Lojo e Leo.

Gol: 1-0 m.92: Pesco (p).

Expulsións: Expulsou ao segundo adestrador local Gabriel no minuto 71 e fixo o propio co adestrador ceense Roski no 81 e co xogador visitante Martín no minuto 92.

Partido moi disputado no que ambos equipos dispuxeron de ocasións para adiantarse no marcador e no que o Cee se adaptaría ben tanto ao campo como a defender o xogo directo dun Volantes de Baño que acabaría decidindo nun penalti transformado por Pesco no minuto 92, nun encontro que estaba predestinado ao empate.

Buño SCD 3 – 1 UD Monte Louro

Buño - Monte Louro

Buño SCD: Brais, David (Álex m.77), Simón, Jorge Calvete, Pablo, Fran, Borja, Moha, Petís (Jorge Gesto m.94), Zinho (Alberto m.92) e Juan.

UD Monte Louro: Fernando, Borja (Dani Corniños m.56), David, Pablo, Pedro (Yeray m.80), Adrián, Dani de Sahorta (Raúl m.71), Sambade (Iker m.85), Ivi, Juan de Celia e Pesko.

Goles: 1-0 m.38: Petís; 1-1 m.49: Adrián (p); 2-1 m.74: Juan; 3-1 m.94: Juan (p).

Xaviña acollía un encontro con dous equipos que se xogaban moito na presente Liga da Costa e iso fixo que houbes moito respecto nos minutos iniciais, pero segundo ían pasando os minutos, o Monte Louro tratou de facerse co dominio do partido a través da posesión, mentres que o Buño buscaría un xogo máis directo.

Non había un claro dominador e as ocasións facíanse de rogar pero as máis claras serían para o Buño por medio de Zinho, pero primeiro o seu remate marcharíase fóra por pouco e na segunda, Fernando faríalle unha espectacular parada.

Pero no minuto 38, o gardameta loureán nada puido facer no remate en boca de gol ante un Petís que materializaría unha boa combinación dos oleiros.

O empate puido chegar antes do descanso por medio de Pesko, pero sería Adrián xa na reanudación que poñería o empate a un ao transformar un penalti.

Tras isto, igualdade máxima ata que apareceu Juan para facer un golazo e poñer o 2-1 no marcador, gol que deixou moi tocado a un Monte Louro que vería como o propio capitán branquiazul facía o definitivo 3-1 dende os once metros xa no tempo de desconto.

Comentarios