Martes. 23.04.2024
El tiempo

FútFem: Un trío de potencias para levar ao Mazaricos á súa primeira vitoria

Mazaricos femin
O novo Mazaricos Feminino debutou con vitoria na casa
FútFem: Un trío de potencias para levar ao Mazaricos á súa primeira vitoria

Segunda semana con potagonismo para o fútbol feminino. Se no F11, o Bergan caía na súa segunda xornada de Liga, as grandes protagonistas desta xornada foron as xogadoras do Mazaricos. Debutaban na Liga F7 Feminina, e facíano cunha gran vitoria ante o Trazo.

A vindeira semana será a da posta en escea dos dous equipos que faltan para completar o póker costeiro, As Miúdas e o novo UC. Cee que xogan no Gr.3 da 2ª.

F11: 2ª División, Gr.1, xornada 2

  • Resultado: Racing Ferrol - Bergantiños Feminino (3-0)
  • Bergantiños: Lara, Rabuñal, Seo, Tati, Ali, Lore, Vimi, Alba, Noe, Cruz e Isa. Tamén xogaron Torrado, Eva, Yaiza, Carla e Claudia.

Imaxe do partido de pretemporada do Bergan Fem ante o Betanzos
Imaxe do partido de pretemporada do Bergan Fem ante o Betanzos

Partido moi disputado o que se puido ver no campo da Gándara en ferrol, entre o Racing e o Bergantiños. Un partido no que o resultado final 3-0 non contempla o visto sobre o terreo de xogo. O Bergantiños saíu moi ben ao campo e durante a primeira parte foi superior aos seus rivais, grazas á gran presión e xogadas combinadas e rápidas, cunha Cruz que foi unha constante molestia para as súas rivais.
Todo parecía controlado para un Bergantiños ata que no minuto 38 Leticia nun erro na marca nun córner, subía o 1-0 ao marcador. Continuaría o Bergantiños ben prantado no campo e creando algunha ocasión máis pero sen chegar a materializar, e tanto perdoou durante a primeira parte, que nun penalti máis que dubidoso, no minuto 44 o Racing sacaría máis vantaxe e levaría o 2-0 no marcador. Así se chega ao tempo de descanso cun Bergantiños superior pero sen acerto e condenado polos seus propios erros.

Comezaba a segunda parte moi diferente, xa que o Racing controlaba xa o partido e só co seu bo facer defensivo bastoulle para non sufrir practicamente nada en toda a segunda metade. No minuto 53 Andrea sentenciaba o partido e co 3-0 definitivo noutra xogada a balón parado, precedido doutro erro do Bergantiños.
A partir deste gol o partido foi controlado polo Racing e só algunha tímida chegada dos dous equipos poñía un pouco de emoción aos segundos 45 minutos.

 

Liga F7, xornada 1

  • Resultado: Mazaricos - Trazo (5-3)
  • Mazaricos Fem.: María Pedrosa, Lucía, Graciela, María Senra, Tamara, Yasmina e Lúa. Tamén xogaron: Yolanda, Izadora, Ainara, Mirian, Sheila, Rita, Inés e Fátima.
  • Goles: 1-0, m.24: Yasmina; 2-0, m.25: Yasmina; 2-1, m.26; 2-2, m.27; 3-2, m.28: Yasmina un golazo pola escuadra; 3-3, m.29; 4-3, m.56: Yasmina; 5-3, m.59: Yasmina á saída dun cñorner que botou Graci.

Debutaba o Mazaricos que coordinan José Ángel, Iván Baña e Manuel de Borja, na casa. E facíao nun partido que comezaba coa timidez dos primeiros compases en competición, sen moito fútbol, ademais baixo unha calor importante.

E tras 25 minutos de tranquilidade, chegaba a voráxine. En 5 minutos chegaron ata 6 goles, deixando o empate a 3 para o descanso.

Ao comezo da segunda, e con Tamara (procedente do Fisober), a capitana Gracia (con experiencia no Tordoia) e a pichichi Yasmina (fixo 5 tantos, esta xogadora que xa estivo no futsal en Cataluña) como alicerces, saíron moito máis metidas e facendo presión, pero tardaron en romper a igualada ata que faltaban só 4 minutos para os 60 minutos regulamentarios. Sobre a bocina Yasmi completou a súa man de goles.

 

Novas do FútFem

Comentarios