Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Muxía di adeus o ascenso baixo o diluvio

Muxia en Bertamirans
Ambientazo no Municipal de Bertamiráns
O Muxía di adeus o ascenso baixo o diluvio

Dixo adeus en Bertamiráns ao soño do ascenso á 1ª Galicia o Muxía. O cadro de Leis e Lobelos sufríu ante o poderoso Bertamiráns, pero sobre todo ante o diluvio universal cunha saraibada tremenda que caeu durante o quecemento.

Despois de máis de media hora esperando a que escampase (a verdade que o campo drenou moi ben), arrincaba o fatídico partido ao aos muxiáns acodían con baixas moi importantes  [Adrián, Julián e Maikel Mouzo ] e xogadores moi tocados [Nogueira, Iago Muiño].

Diluvio en Bertamirans
Así estaba o Municipal de Bertamiráns ás 19:15...

Bertamiráns - Muxía (4-1)

  • Muxía: Domingo, Anxo, Michael, Peski, Congui, Alex, Iago Muñíño, Kevin, Mauro, Fran Moreira e Manu Nogueira. Tamén: Joselu, Javi Vilela, Eloy, Isma Márques e Xan Nogueira.
  • Goles: 1-0, m.3; 1-1, m.20: Iago Muiño; 2-1, m.23; 3-1, m.52; 4-1, m.61.

Saíu fóra de sitio o cadro vermello tras sufrir o diluvio universal e xa recibiu un tanto nada máis comezar dende 40 metros. Tocaba empezar a remolque pero recuperou o pulso o cadro vermello e conseguía empatar o choque, pero apenas 3 minutos o cadro local volveuse meter por diante.

A segunda parte arrincouna ben o Muxía pero nun centro lateral sen aparente perigo chega o terceiro que fixo moito dano. Os muxiáns non paraban de protestar unha arbitraxe que consideraban algo caseira (Lobelos acabou sendo expulsado) e equipo foi caendo. Xa no intento de arriscar e volver a meterse no partido caeu o 4º.

Cómpre destacar o esforzo dos xogadores, algúns con moitas molestias e cansanzo acumulado, rematando o partido con 3 xuvenís no campo.

Pensando na Copa

O equipo non pode caer xa que ten cita copeira este martes, ás 21:00h, no Conco. Enfrontarase ao Xallas nos Cuartos, co Sofán esperando en semis.

Comentarios