Nova fornada para ampliar a familia de árbitros da Costa
Este pasado venres celebrouse a clausura do Cursillo de Árbitros da Costa 24-25. 20 novos colexiados e colexiadas xa están dispoñibles para pitar (de feito 12 xa o estaban facendo dende novembr), e outros 4 seguirán a súa formación o curso que vén.
Dende o subcomité costeiro están tremendamente satisfeitos polo éxito destes cursos de formación e pola cantidade de xente nova que se está apuntando para unirse á familia dos colexiados costeiros.
Piden ademais a todos os estamentos do fútbol base (xogadores, corpos técnicos, familias…) que se respecte a figura arbitrio, e máis durante o proceso formativo.
Medra así a familia arbitral do Fútbol da Costa que coordina Manuel Espasandín, que xa está formada por máis de 60 colexiados, entre elas 7 colexiadas.