Sábado. 27.07.2024
El tiempo

E os finalistas ao Premio Lucas Vicente Vidal ao árbitro do ano son…

Pablo Rama Manuel Mouzo e Bruno Mendez Nominados ao Premio Arbitro do Ano Futbol da Costa 2023-24
Pablo Rama, Manuel Mouzo e Bruno Méndez
E os finalistas ao Premio Lucas Vicente Vidal ao árbitro do ano son…

Pablo Rama Cotelo, Manuel Castro Mouzo e Bruno Mendez, son os escollidos polo colectivo de árbitros da Costa da Morte como finalistas para levar o Premio Lucas Vicente Vidal ao árbitro da temporada 2023/2024. Así o anunciamos a día de hoxe, pero os tres finalistas terán que agardar ata o 7 de xuño, ata a IX Gala do Fútbol da Costa - QPC, para coñecer quen leva o prezado Balón da Olería de Buño.

Coma sempre, este premio é organizado pola propia Delegación Arbitral da Real Federación Galega de Fútbol. Entre os case 50 árbitros e árbitras da comarca escollen os seus finalistas e despois escollen, por votación, ao que consideran mellor representou ao colectivo durante este curso 23/24.

O ano pasado o elixido foi Roberto Baña, por diante, precisamente dun Manuel Castro Mouzo que repite nominación. Pablo Rama e Bruno Méndez tamén teñen sido finalistas en anos anteriores, neste premio que segue levando o nome do colexiado cormelán, tan querido polo colectivo, finado prematuramente.

Máis novas da Gala

Comentarios