Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Eleuterio Balayo acolleu a estra das Miúdas na Festa dao Fútbol Feminino da Costa da Morte

O Eleuterio Balayo acolleu a estra das Miúdas na Festa dao Fútbol Feminino da Costa da Morte
Foto de familia do triagular de presentacion das Miudas-Foto-Alba Figueroa Foto de familia do triagular de presentacion das Miudas-Foto-Alba Figueroa

Inmellorable posta en escea para o primeiro equipo federado da historia do futbol feminino da Costa da Morte. Unha vez que a bisbarra é potencia en materia de Fútbol Sala Feminino, era hora de que o fútbol 11 tamén tivera presencia.

A familia das Miúdas xa está en marcha. Son 21 as rapazas que están ás ordes de Fran Figueroa, e que este pasado sábado 2 de setembro se presentaban oficialmente na casa, no Eleiterio Balayo.

Ambientazo no Eleuterio Balayo de Muros para a presentacion das Miudas Ambientazo no Eleuterio Balayo de Muros para a presentacion das Miudas

O campo muradán acollía, cun ambientazo espectacular, un triangular entre As Miúdas, o Bergantiños Feminino e o Combinado da Costa. Máis alá dos resultados, Figueroa amósase “moi contento”, xa que “unha vez se quitaron os nervos e o "pánico escénico" dos primeiros minutos, deron máis que a talla, con xogadóns que ata levantaron a grada”. Mágoa das que non puideron estar nesta estrea, por lesión ou outros compromisos como bodas, pero que demostraron o seu compromiso estando pendentes a cada minuto.

Bergantinos e As Miudas saltan ao campo muradan-Foto-Alba Figueroa Bergantiños e As Miudas saltan ao campo muradan-Foto-Alba Figueroa

O triangular comezou co choque entre as Miúdas e o Bergan. O equipo de Gueli amosou estar moito máis conxuntado e acabou vencendo por 1-4. O primeiro gol da historia das Miúdas, un auténtico golazo ademais, foi conseguido pola capitana, Antía Rey, mandando un misil dende fóra da área que levantou a todo o campo. Iso si, o tanto era o empate a un e só no treito final as carballesas conseguiron ampliar a renda.

No segundo choque, o Combinado costeiro, da man de David Castro, demostrou a calidade e o lote de campionas que teñen, facendo un fútbol que dá gusto ver. 1-4 venceron ás carballesas. E no último partido as muradáns caían 0-3 ante ese mesmo Combinado.

Unha auténtica festa do fútbol feminino da Costa da Morte para comezar unha campaña histórica. As Miúdas xa pensan no comezo da Liga da 2ª División, que non será ata outubro.

Equipo das Miudas con Fran Figueroa-Foto-Alba Figueroa Equipo das Miúdas con Fran Figueroa-Foto-Alba Figueroa Combinado da Costa Feminino-Foto-Alba Figueroa Combinado da Costa Feminino con David Castro-Foto-Xosé Sendón Bergantinos Feminino-Foto-Alba Figueroa Bergantiños Feminino con Gueli-Foto-Xosé Sendón

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios