O Fisober masculino tira de canteira
Mal partido para o Fisober Masculino o domingo no Pavillón Municipal de Vilalba. Non puido conseguir sumar ningún punto o Fisober, pero o partido deixa boas sensacións e unha gran noticia como é o debut na Preferente do cadete Mario Ferreiro, recén cumprida a idade mínima de 15 anos para poder ser seleccionable.
PREFERENTE FUTGAL MASCULINA - XORNADA 6
- Resultado: VILALBA FS "B" - FISOBER FSF: 8-4.
- FISOBER: Brais, Iván, Pablo, Cuki, Juan Emilio; tamén xogaron: Champi, Adrián, Mario Areas, Suso, Mario Ferreiro.
- GOLES: 1-0 min.7 Diego Amado, 2-0 min.9 Adrián , 2-1 min.13 Iván, 3-1 min.18 Nuno Miguel, 4-1 min.19 Johan, 4-2 min.19 Pablo; 5-2 min.22 Nuno Miguel, 5-3 min.24 Pablo, 6-3 min.29 Johan , 7-3 min.33 Miguel, 8-3 min.36 Diego Amado, 8-4 min.38 Propia Porta.
Nova derrota do conxunto costeiro que chegaba con algunha baixa importante, presentando un equipo aínda máis novo do normal pero que se mostrou moi competitivo durante todo o partido, descoidando algo a defensa en fases que penalizaron en exceso a boa actuación realizada nun desprazamento sempre difícil.
Ata os compases finais do encontro, os costeiros amosáronse ben con balón, agardando cunha defensa en media pista e ben ordenada, saíndo con contragolpes perigosos e fallando varias ocasións claras sobre todo na primeira metade, aínda que os locais tamén desbotaron as súas ante unha nova gran actuación de Brais, especialmente na segunda metade cando os nosos tiveron que apretar máis e dar un paso cara adiante na busca da remontada.
A vindeira xornada o Fisober xogará de novo coma visitante, desta vez na cancha do Emden FS en A Coruña.
Categorías Inferiores
Nova fin de semana de partidos coma locais nas ID O Conco de Dumbría para as nosas categorías inferiores femininas, que ademais redondeaban con sendas vitorias para aínda máis ledicia da grada, e sobre todo das propias rapazas. Rapazas que serán protagonistas no novo álbum do #FutfemdaCosta.
As Alevíns vencían 5-1 ao Lago DVSPORT.
Polo Fisober formaron: Xenia, Lola, Zoe, Noa e Martina Fernández; tamén xogaron: Jimena, Alba, María, Claudia Ares, Icía, Alejandra e Martina Lago. Os goles costeiros foron obra de Martina Fernández (3) e Claudia Ares (2).
Tamén venceu o cadro Infantil, por 4-3, ao mesmo rival.
Polo Fisober formaron: Carlota, Sabela, Claudia Otero, Mar e Iria; tamén xogaron: Jimena, Ainara, Noa, Carmen, Martina Lago, Daiana e Martina Fernández. Os goles costeiros foron obra de Noa (2), Martina Fernández, e en propia porta.
A vindeira xornada a Fisober visita Burela para enfrentarse ó Burela FS Pescados Rubén por partida dobre, tanto alevíns coma infantís.