FSF: Fundamental triunfo do Fisober en Guitiriz

Ata Guitiriz tiveron que desprazarse as xogadoras do Fisober e do Begonte polas goteiras no pavillón das locais. Pero non sentou mal o cambio, pois as costeiras sumaron un triunfo especialmente importante, por ser o primeiro coma visitantes, por ser a primeira vez esta temporada que suman de 3 por segunda semana consecutiva
A familia costeira adicoulle a vitoria a Nuria, que saía mancada dun xeonllo na segunda metade.
PREFERENTE FUTGAL FEMININA - XORNADA 6
- Resultado CONCELLO DE BEGONTE FS - FISOBER FSF: 1-4.
- FISOBER: Sharay, Andrea, Ana, Saray Duarte, Paula; tamén xogaron: María, Alba, Nai, Patri, Nuri.
- GOLES: 1-0 min.11 Uxía, 1-1 min.13 Paula; 1-2 min.22 Paula, 1-3 min.23 Paula, 1-4 min.39 Patri.
O Fisober segue a coller velocidade pouco a pouco, comezaba por debaixo no marcador pero era quen de repoñerse rápido co empate, e gracias ó acerto no tiro exterior de Paula, os goles foronse sumando e ampliando vantaxe e dominando
o partido a partir dese primeiro gol que lles permitía ás nosas verse durante poucos minutos por debaixo no marcador, gracias á reacción tan rápida para o empate.
A volta de vestiarios chegaba a peor noticia, que era a lesión de Nuri, logo dun mal apoio no seu xeonllo dereito. Á falta de probas médicas, agardamos que sexa o menos posible e tela de volta moi pronto.
A vindeira xornada o Fisober recibirá nas ID O Conco ó EDC Verín.
Máis crónicas do FSF
- X.5: O Fisober retoma o pulso da temporada.
- X.4: O Fisober non arrinca.
- X.3: Novo susto para o Fisober.
- X.2: O Fisober déixase 2 puntos en Vigo.
- X.1: O Fisober arrinca unha nova temporada como aspirante ao ascenso á Liga Nacional
Outras novas sobre o FUTFEM