Perfilados os novos grupos copeiros de F8

Imaxe da final da Copa da Costa de F8 celebrada o ano pasado nas Redondas

Onte tiña lugar unha nova reunión en Baio pra perfilar unha nova fase das complicadas Ligas de F8. Trátase do campionato da Copa da Costa, a fase previa, ligueira, para a final da Copa da Costa.

Agora temos dous grupos tanto en Alevíns como Benxamíns, que xogarán unha liga a unha volta. Clasificaranse os dous primeiros de cada grupo para a Fase Final da Copa da Costa (dende Cuartos). Nesa Fase Final estarán os dous clasificados para a Liga Comarcal, os dous campións da Liga Regular e os dous primeiros de cada un dos grupos copeiros (se coinciden cos campións da liga, pasará o terceiro).
A Fase Final, que será toda unha festa, disputarase o sábado 16 de maio en Lombáns, organizada polas Escolas de Fútbol de Carnota. Xa están clasificados para esta fase final copeira: en Alevíns o Dumbría A, Outes B, Cerqueda e Dumbría B; e en Benxamíns Outes, Xallas, Camariñas e Cee.

Pero ademais, o sábado 9 de maio haberá unha Fase de campeóns (na que non entrará o Dumbría B por regulamento, en Xaviña, Buño.

A liga copeira disputarase dende o 1 de marzo ata o 3 de maio. Os grupos son os seguintes.

Campionato Copa da Costa ALEVIN

Grupo Norte Grupo Sur
Xallas Dumbría
Coristanco Outes
Sofán EMF Carnota
Ponteceso Xallas B
Cabana Os Miúdos B
Porteño Fisterra
Laxe Os Miúdos A
Razo Esteirana
Cerqueda EMF Carnota B
Corme Cee
Vimianzo Corcubión
- As Baleas

Campionato Copa da Costa BENXAMÍN

Grupo Norte Grupo Sur
Coristanco A Dumbría
Sofán B Esteirana
Cerqueda Os Miúdos
Camariñas Cee
Sofán A Os Miúdos A
Laxe Muxía
Coristanco B Fisterra
Corme CD Zas
EMF Vimianzo As Baleas
Ponteceso -
 

Novas das Ligas de F8