Martes. 23.04.2024
El tiempo

O Dumbría abre o camiño da nova rolda de campións das Ligas F8

O cromo do Alevin B do Dumbria
O cromo do Alevín B do Dumbría, o primeiro campión do F8
O Dumbría abre o camiño da nova rolda de campións das Ligas F8

Está chegando ao seu remate a segunda fase das complicadas Ligas comarcais de F8. Xa celebrou unha primeira rolda da que saíron 4 equipos para competir nas Ligas Comarcais. Dumbría, Xallas e dous equipos do Outes seguen competindo, e relativamente ben, sobre todo na categoría Alevín, cos equipos da Coruña e as Mariñas, a pesar das complicadas e longas viaxes.

Mentres a Liga Prebenxamín aínda ten percorrido, esta fin de semana rematan os 4 grupos de Alevíns e Benxamíns. Quedan 3 títulos en xogo, pois a penúltima xornada xa deixou o primeiro campión.

É o Alevín B do Dumbría. O equipo dirixido por Julio Vila goleaba aos Miúdos e sentenciaba o título da Liga Alevín Costa Sur, sumando 7 vitorias e un empate (ante Carnota).

Polo Norte, o Cerqueda ten o título a tiro, pero o sábado pola mañá ten que empatar ou gañar ao Xallas en Xaviña na última xornada para superar a un Sofán ao que lle toca descansar.

En Benxamíns Costa Norte, Camariñas e Coristanco xóganse o título o domingo no Hermanas Patiño, con vantaxe para o cadro camariñán de 2 puntos.

E para rematar, o título Benxamín Costa Sur pode decidirse o mediodía sábado se o Cee gaña na casa ao Muxía. De perder ou empatar, terá que estar pendente a ver que fai o equipo A dos Miúdos o domingo ante o Dumbría B.

Vindeira fase: Previa da Copa

A semana que vén haberá reunión para preparar a fase clasificatoria da Copa da Costa F8, que xa sabedes que é toda unha festa do Fútbol Base costeiro. Faranse 4 grupos de liga a doble volta, e clasificaranse para a Fase Final da Copa o campión de cada grupo, que se unirán aos 2 campións destas Liga (se quedan tamén campións de grupo entraría o 2º) e aos dous equipos que disputan a Liga Comarcal.
Esta Fase Final da Copa terá 8 equipos para Alevíns, Benxamíns e tamén, por primeira vez, en Prebenxamíns, pois se clasificarán os 4 primeiros de cada grupo.

 

Novas do Álbum de cromos

 

Novas relacionadas

Comentarios