Perfilados os novos grupos copeiros de F8

Onte tiña lugar unha nova reunión en Baio pra perfilar unha nova fase das complicadas Ligas de F8. Trátase do campionato da Copa da Costa, a fase previa, ligueira, para a final da Copa da Costa.
Agora temos dous grupos tanto en Alevíns como Benxamíns, que xogarán unha liga a unha volta. Clasificaranse os dous primeiros de cada grupo para a Fase Final da Copa da Costa (dende Cuartos). Nesa Fase Final estarán os dous clasificados para a Liga Comarcal, os dous campións da Liga Regular e os dous primeiros de cada un dos grupos copeiros (se coinciden cos campións da liga, pasará o terceiro).
A Fase Final, que será toda unha festa, disputarase o sábado 16 de maio en Lombáns, organizada polas Escolas de Fútbol de Carnota. Xa están clasificados para esta fase final copeira: en Alevíns o Dumbría A, Outes B, Cerqueda e Dumbría B; e en Benxamíns Outes, Xallas, Camariñas e Cee.
Pero ademais, o sábado 9 de maio haberá unha Fase de campeóns (na que non entrará o Dumbría B por regulamento, en Xaviña, Buño.
A liga copeira disputarase dende o 1 de marzo ata o 3 de maio. Os grupos son os seguintes.
Campionato Copa da Costa ALEVIN
Grupo Norte | Grupo Sur |
Xallas | Dumbría |
Coristanco | Outes |
Sofán | EMF Carnota |
Ponteceso | Xallas B |
Cabana | Os Miúdos B |
Porteño | Fisterra |
Laxe | Os Miúdos A |
Razo | Esteirana |
Cerqueda | EMF Carnota B |
Corme | Cee |
Vimianzo | Corcubión |
- | As Baleas |
Campionato Copa da Costa BENXAMÍN
Grupo Norte | Grupo Sur |
Coristanco A | Dumbría |
Sofán B | Esteirana |
Cerqueda | Os Miúdos |
Camariñas | Cee |
Sofán A | Os Miúdos A |
Laxe | Muxía |
Coristanco | B Fisterra |
Corme | CD Zas |
EMF Vimianzo | As Baleas |
Ponteceso | - |