Preferente: Accidentada derrota da SD en Noia

Imaxe do 11 do Sofán que saíu en Miño na segunda xornada

Dous lesionados, un expulsado, un tanto anulado, un dos goles locais con dous homes carballeses no chan... Polémica a vitoria do Noia na visita do Sofán. Unha derrota que deixa aos carballeses con 2 puntos tras 4 xornadas disputadas.

Noia - Sofán (2-0)

  • Sofán: Gardu, Gody, Becerra, Raúl, Fita, Fabián, Dani Pena, Currás, Martín, Braian e Javi Souto Tamén: Pablo, Alexandre, Luca, Aarón Fdez., Brais Cancela, Gallego e Bandera.
  • Goles: 1-0, m.60: Brian; 2-0 m.65: Brian.

Saíu ben plantado o cadro de Pablo Torreira, dominadores con balón durante a primeira media hora, sen sufrir atrás pero tampouco sen grandes ocasións. Pero chegaban os problemas coas lesións de dani Pena e Gody. Pouco despois e apenas un par de minutos antes do descanso, o colexiado expulsaba a Dani Becerra tras unha xogada na que os carballeses pediron falta previa.

Arrincaba a segunda metade co Noia algo máis enriba, aproveitando a vantaxa numérica. Pero o primeiro gol non gustou nada á parroquia vermella. Dous balonazos provocan que dous xogadores visitantes queden botados no chan, e o equipo local no campo de lanzar o balón fóra aproveita a vantaxe e marca…

O Noia seguía mandando, sen grandes ocasións, agás unha boa man e o segundo gol nunha xogada de rebotes a balón parado.

O sgeundo tanto practicamente mataba o partido, porén contra o final, Bandera marca nun córner pero o colexiado volve aparecer para anular o tanto.

CRÓNICAS DA PREFERENTE

MÁIS INFO