Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Preferente: Segundo 3-3 na casa

11 da SD Sofan Setembro 2023
11 da SD Sofan Setembro 2023
Preferente: Segundo 3-3 na casa

Outros 2 puntos marcharon do Carral despois doutro moi bo partido do equipo de Pablo Torreira. Os carballeses dominaron durante os 90 minutos pero a mala defensa das accións a balón parado, faille deixar escapar unha vitoria.

Sofán - Victoria (3-3)

  • Sofán: Gardu, Noe, Diego, Becerra, Raúl, Fita, Fabián, Martín, Braian, Javi Souto e Bandera. Tamén: Mario, Taibo, Dani Pena, Luca, Currás, Aarón Fdez., e Brais Cancela.
  • Goles: 1-0, m.32: Fita; 1-1, m.44: Pardo; 1-2, m.64: Alberto; 2-2, m.67: Javi Souto; 2-3, m.82: Miguel; 3-3, m.86: Braian.

Comezou ben o partido o Sofán, dominando e tendo un par de ocasións claras con centros laterais e un remate de Gody nunha falta que se vai por pouco. Á media hora Parafita adiantaba aos locais á saída dun córner, pero na única chegada do Victoria na primeira parte, xusto ao fío do descanso, conseguìa empatar por medio de Samu Pardo.

Na segunda parte foi incrible que o Victoria saise vivo. A SD foi un furacán, e tivo ocasións de todas as cores: un remate de Parafita ó longueiro de cabeza nun córner e posteriormente cun tiro dende fora da área no que o balón daría no longueiro, no pau, botaría na liña e sairía fóra; un remate de volea de Javi Souto que saía pegado ó pau; un gol anulado a Javi Souto por dubidoso fora de xogo…

E como soe pasar, cando perdoas acabas pagando. E nun saque de banda, noutra xogada mal defendida pola defensa local, gol do Victoria. Tocaba remar, e o equixo puxo o mono de traballo e pronto chegaba o empate por medio de Javi Souto.

Pero volvía acontecer. No minuto 82 o Victoria adiantábase novamente nun corner mal defendido, que remata Miguel Días libre de marca.

O equipo seguiría intentándoo e a piques estaría Taibo de empatar tras unha deixaba de Javi Souto. No 86 Braian faría un auténtico golazo cun tiro dende máis 20 metros que se colaría pola esucadra. Coa inercia o cadro de Torreira envorcouse pola vitoria, e foi o equipo visitante o que tería unha ocasión no desconto nun man a man que salva Gardu, tras unha falta previa non pitada.

CRÓNICAS DA PREFERENTE

MÁIS INFO

Comentarios