Preferente: O Sofán mereceu máis no Municipal de Gallamonde
09:56 18/09/23
Primeira derrota para a SD Sofán nesta campaña 23-24. Foi no Municipal de Gallamonde, no campo do recén ascendido AD Miño, onde os de Pablo Torreira, malia merecer máis, non conseguiron traer de volta ningún premio.
AD Miño - Sofán (1-0)
- Sofán: Pablo Duarte, Iván, Gody, Becerra, Currás, Dani Pena, Fabián (C); Parafita, Martín, Braian e Javi Souto. Tamén: Noe, Aarón, Pablo Pose, Luca e Bandera.
- Gol: 1-0, m.60: Fran Ares tira dende fóra, pasa por debaixo de tres xogadores e se cola na meta de Pablo.
Cambios no 11 metía Torreira para a primeira saída do curso, para xogar nun campo aínda máis pequeno que o Carral. O cadro local comezaba moi replegado, que buscaba roubar en tres cuartso e facer dano á contra, o que provocou que houbese moi poucas opcións de gol. As mellores para os onte verdes, como un gol anulado a Javi Souto e un remate de Iván.
O mesmo guión na segunda, con moito centro do campo, pouco fútbol e un tanto rocambolesco que demostrou o crú partido.