Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Preferente: O Sofán arrincou a temporada no Carral

Primeiro 11 do Sofan 23-24
Primeiro 11 do Sofán 23-24
Preferente: O Sofán arrincou a temporada no Carral

Arrincou a tempada para o Fútbol da Costa, e fíxoo coa primeira xornada da Preferente e 1ª Galicia. O equipo costeiro que máis arriba compite, o Sofán, empezaba un novo curso ás ordes de Pablo Torreira nun, coma sempre, ateigado campo do Carral.

O cadro carballés deixou escapar 2 puntos, nunha páxara de dous minutos, pero o comezo de tempada segue coa ilusión intacta e coa mira na final da SuperCopa Galicia que o club vai desputar en Balaídos.

Sofán - San Tirso (3-3)

  • Sofán: Brais Gómez. Iván, Gody, Aarón, Noé; Currás, Fabián (C); Martín, Bandera, Braian e Javi Souto.
  • Goles: 0-1, m.8: Santi Brandariz nun córner; 1-1, m.13: Javi Souto ; 2-1, m.52: Javi Souto; 3-1, m.60: Martín; 3-2, m.78; 3-3, m.79.

Arrincaba o partido sen riscos, con moito respecto, moito duelo ou moita disputa, demostrando o duro que ía ser o partido Adiantábase os visitantes nun córner mal defendido polos locais. Aí apretaron os locais, con 15 minutos nos a base de empurre, saques de banda e córners meteron aos verdes na súa área. Aparceu David Lameiro que fixo varias boas paradas a tiros de Bandera e Aarón, así como a unha falta de Javi Souto.
Si que acertou o ex soneirán pouco despois tras unha boa xogada combinativa que centraba Martín e Braian metía dende o segundo pau para que Javi Souto remachase a gol.
Gody puido ampliar a vantaxe antes do descanso noutra xogada de estratexia.

A volta do descanso, Torreira fixo axustes, e Javi Souto remachaba de novo outro recentro de Braian, e pouco despois Martín facía o terceiro.

Aí chegou o equipo se relaxou un pouco, algo que non pode pasar, porque no Carral pode cambiar o partido moi rápido. E así foi, en dúas xogadas case consecutivas o equipo do San Tirso conseguía empatar, deixando uns últimos 10 minutos nos que ninguén conseguíu aproximarse con perigo, e deixando o empate

Como comeza a campaña a SD

- Novidades: Xosé Regueira colle o relevo no delegado dun Manu que volveu coller as botas e participa co Sénior B. Ademais, os Javi Souto (ex Soneira), Aarón (ex Fisterra), Currás, Braian (ex Baio), Luca (un rapaz que fixo a pretemporada co Silva), e Dardu (que procede da canteira do Bergantiños).

- Puntos fortes e aspiracións: Temos un bloque moi compensado, moita competitividade en todos os postos. Penso que se todo vai ben, imos dar moito que falar”, sinala Pablo Torreira.
”Tiñamos de obxectivo chegar á final da SuperCopa de Balaídos, que xa conseguimos, e agora temos que sumar cada día na Liga antes desa finalísima, que intentaremos gañar disfrutar dese escenario.
Na Liga, conseguir a salvación o máis rápido posible e intentar estar o máis alto. O final da tempada pasada non estivemos demasiado ben, coa cabeza demasiado centrada na Copa, polo que temos que dar un paso adiante e acabar máis arriba.
E temos que intentar revalidar o título da Copa da Costa que todo o mundo que vivimos neste entorno sabemos o que significa”.

Máis info

Comentarios