Preferente: O Carral volve ser un fortín
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.
Primeira vitoria do curso do Sofán na casa. Tras dúas derrotas, o cadro de Pablo Torreira venceu a todo un equipazo como o Cidade de Ribeira, tendo ademais que protagonizar unha boa remontada.
Os carballeses sitúanse na 5ª praza con 9 puntos.
Sofán - Cidade de Ribeira (3-1)
- Sofán: Brais; Alexandre, Álex Sánchez, Braian, Dani García; Iván Parafita, Juanjo; Martín, Marcos Montero, Dani Pena e Paulo.
- Goles: 0-1, m.40: Viturro; 1-1, m.56: Marcos Montero: 2-1, m.61: Alex Sánchez; 3-1, m.90: Martín Pereira nunha contra.
Partido tremendamente igualado, sobre todo na primeira metade. O cadro local contrarrestou o trato combinativo do Ribeira, un auténtico equipazo, pero que se atopou cun Sofán moi ben posicionado. Un erro do meta rival estivo a piques de supoñer o 1-0, así como un par de transicións nos que os carballeses non estiveron acertados no último pase.
Pero xusto ao fío do descanso, un balón longo do meta visitante era peiteiado para que Viturro aproveitase e marcase en carreira.
Tras unha serie de cambios, o Sofán tivo 25 minutos na segunda moi bos, con grandes ocasións, como a de Paulo, tras un pase atrás de Marcos que un defensa tivo que sacar baixo paus. O equipo envocarba o campo sen deixar saír do seu campo ao rival, acosando con centros laterais, córners… e nesa liña Marcos Montero igualaba cun potente disparo dende o borde da área, e pouco despois Alex Sánchez acertou unha falta de a frontal.
O Ribeira volveu tomar o mando, pero ás contras o Sofán facía máis dano. Anxo Vidal mandou un balón ao pau, e Eloi, tras un roubo de Fita, a piques estivo de sentenciar. Houbo que sufrir ata o minuto 90, cando Martín si que acertaba noutra contra para matar o partido.
Todas as Crónicas da Preferente
- X.4: A SD reivindícase co balón.
- X.3: O Carral volve sufrir.
- X.2: A expulsión de Noé deixa ao Sofán sen premio.
- X.1: O Sofán comeza mandando dende atrás.
Máis info
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.