Preferente: A SD reivindícase co balón
10:31 30/09/24
Ata 8 baixas tiña Pablo Torreira para o choque ante O Val, pero os carballeses recuperáronse das dúas derrotas en casa e trouxeron tres valiosos puntos de terras ferrolás.
O Val - Sofán (1-3)
- Sofán: Brais, Alexandre, Martín Pereira, Alex Sánchez, Dani García, Dani Pena, Fita, Paulo, Marcos Montero, Braian, Juanjo. Tamén:Gardu, Iván, Adrián Vázquez, Saydou e Samu.
- Goles: 0-1, m.25: Juanjo de Penalti tras un penalti cometido sobre Paulo; 1-1, m.38: Manuel González nunha falta rápida; 1-2, m.58: Alexandre cun golazo dende a frontal; 1-3, m.72: Dani Pena aproveitta un remate en semierro de Juanjo.
Gran partido da SD a pesar das baixas e de chegar con só 16 xogadores á Sinde. O equipo de Torreira estivo moi ben co balón, xerando superioridades e tendo boas ocasións en todo momento. Adiantánse dende os 11 metros gracias a un penalti forzado por unha boa presión de Paulo, pero antes do descanso os locais igualaban o partido nunha xogada de pillería, sacando unha falta moi rápida.
Na segunda, os costeiros foron moi superiores dende o principio, mandando co balón e tendo ocasións ata sentenciar, merecendo eses 3 puntos que os aúpan á 7ª praza con 6 puntos.
Todas as Crónicas da Preferente
- X.3: O Carral volve sufrir.
- X.2: A expulsión de Noé deixa ao Sofán sen premio.
- X.1: O Sofán comeza mandando dende atrás.
Máis info
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.