Preferente: O Sofán comeza mandando dende atrás
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.
Inmellorable comezo de curso para a SD Sofán. O cadro de Pablo Torreira vencía na Pedreira, un dos campos máis asentados da categoría, e facíao baseando o seu xogo nun bloque infranqueable atrás.
Galicia Mugardos - Sofán (0-1)
- Sofán: Gardu; Iván, Álex, Noé, Dani García; Pablo Parafita, Iván Parafita (C), Martín, Paulo, Marcos Montero e Eloy. Tamén: Brais Gçomez, Iván Fdez., Fabián, Borja Viaño, Adrián Vázquez, e Juanjo.
- Gol: 0-1, m.62: Fabián.
Comezaba o choque con demasiado respecto entre os dous equipos urante a primeira media hora. Os de Pablo Torreira estivo moi ben defensivamente ante un dos mellores equipos en ataque da categoría.
Pronto puido adiantarse o cadro visitante cunha xogada de Pablo que sacou un defensor sobre a liña tras un pase de Marcos, e mesmo viron como lle anulaban un gol por fóra de xogo de Martín. Facían dano os de Torreira nas transicións e a balón parado. Pablo Parafita tivo dúas opcións a balón parado tamén.
Na segunda, seguían controlando moi ben en ataque aos locais, e nunha contra Fabián adiantaba aos visitantes. A partir de aí o equipo retrasou a súa posición, e soubo defender ben a meta de Gardu ata o final.
Máis informción
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.