Preferente: Doble toque de atención

Iván Pardo no Soáan-Órdenes-Foto-SD

Mal domingo para os Sofán e Dumbría na Preferente. Os dous equipos caían na casa nesta 5ª xornada, que ser de toque de atención para os dous equipos costeiros, que veñen facendo un bo comezo de curso, pero que se decatan de que este ano vai ser unha longa batalla.

Todo nunha xornada na que non xogou o Negreira, que conseguía remontar a eliminatoria ante o equipo cántabro de Textil Escudo, e conseguiu un histórico pase para a primeira rolda da Copa do Rei, que disputará conta un 1ª División (hoxe saberase no sorteo se toca Celta, Oviedo, Real Sociedade ou Alavés.

Sofán - Órdenes (2-3)

  • Sofán: Brais, Javi, Becerra, Alex Sánchez, Isma Rod., Izan, Fabián, Pablo Parafita, Alexandre, Joel, Julián. Tamén: Iván Pardo, Gardu, Iván Praafita, Dani Pena, Iraitz, e Marcos Montero.
  • Goles: 1-0, m.24: Joel tras roubo; 2-0, m.42: Joel tras un pase longo de Javi dende o lateral; 2-1, m.55: Diego Martínez; 2-2, m.84: Diego Longueira nun córner; 2-3, m.91: Román nun corner.
Capis e colexiados no Sofan-Ordenes-Foto-SD

Dúas partes claramente diferenciadas nun partido que acabou levando o cadro rival. Comezaba moi ben o Sofán, nunha primeira metade na que non permitiu que o Ordes chegase á súa área e soubo aproveitar as escasas ocasións que lle permitiu o rival. Joel, tras roubo, e tras un pase longo de Javi dende o lateral dereito, metía en vantaxe aos de Pablo Torreira ao descanso. Aínda tivo Julián unha ocasión para matar o partido, pero se lle escapou.

Pero cambiaron as tornas totalmente na segunda. O Órdenes comezou a apretar e pronto recurtaba distancia. Pasaban os minutos e o equipo carballés aguantaba sacando mesmo algunha contra, pero nos últimos minutos, dous córners mal defendidos polos carballeses, o segundo xa no desconto, permitían aos visitantes levar os 3 puntos.

”Aprender e saber que temos que ser fortes no noso campo, sobre todo a balón parado, que ten que ser un arma non unha lousa”, reflexiona Torreira.

Dumbría - Victoria CF (0-2)

  • Dumbría: Anxo, Mataso, Berto, Breixo, Aarón Fdez., Iago Insua, Toni, Lucas, Juan Trillo, Xabi Castro e Diego Estévez. Tamén: Isma, Mario, Alex Marcote, Jano, Adrián Periscal, Javi Souto e Íker.
  • Goles: 0-1, m.52: Alberto Benito; 0-2, m.54: Dani Lagares.

”Día para esquecer e para decatarse do duro que vai ser ese curso”. Así reflexiona Pablo Conde tras un partido no que o cadro herculino pasou por riba dos dumbrieses, superándoos en intensidade, xogo e mesmo en plan de partido. De feito, o resultado se cadra foi curto para o visto sobre o céspede do Conco.

Máis info

Todas as crónicas de Preferente.