Preferente: O Sofán bate a todo un Betanzos e o Dumbría roza a primeira vitoria

Sofan ganando en Betanzos-Foto-SD
Os xogadores do Sofán celebrando o tanto en Betanzos-Foto-SD
Preferente: O Sofán bate a todo un Betanzos e o Dumbría roza a primeira vitoria

Co ollo posto no Triangular Solidario polos lumes do Cairo, arrincou a Preferente 25/26,

Betanzos - Sofán (0-1)

Sofan ganando en Betanzos-Foto-SD 11

  • Sofán: Gardu, Javi, Alex Sánchez, Izan, Isma, Iván Parafita, Pablo Parafita, Fabián, Marcos Montero, Julián e Joel. Tamén: Brais, Dani, Becerra, Alexandre, Iván Pardo e Hugo Pastoriza.
  • Gol: 0-1, m.78: Julián a pase de Joel.

Comezaba o partido cos de Torreira dominando o balón, ante un Betanzos que esperaba un erro na saída do balón para aproveitar a calidade. Pero os carballeses estiveron moi serios sobre todo durante os primeiros 25 minutos, nos que non concederon nada. Si que a partir de aí o Betanzos comezou a apretar e Gardu tivo que sacar un tiro raso de Del Río, do melloriño nos locais, e un par de accións por banda. Tamén os costeiros tiveron un centro de Julián que rematou Javi que se foi por pouco.

Na segunda recuperou o mando de operacións o Sofán, que ía subindo liñas, ata que Joel habilitou a Julián e este definía no un contra un con Jesús Jurado. Apretou o Betanzos nos últimos minutos pero máis alá dun gol anulado nun córner por unha falta clara, os sofanistas non sufriron demasiado.

Os Parafita e Pablo Torreira no Sofan en Betanzos-Foto-SD
Os Parafita e Pablo Torreira no Sofan en Betanzos-Foto-SD

Dumbría - Dubra (2-2)

  • Dumbría: Anxo, Mataso, Berto, Aarón Fdez., Jano, Juan Trillo, Toni, Marcote, Pablo Costa, Estévez e Javi Souto. Tamén: Isma, Íker, Mario, Lucas Toba, Iago, Adrián Periscal e Xabi Castro.
  • Goles: 0-1, m.68; 1-1, m.83: Aarón Fdez.; 2-1, m.89: Xabi Castro; 2-2, m.92: Borja Gándara.

Non foi o partido dos de Pablo Conde, que tivo que sufrir na primeira metade, aínda que tivo un tiro de Jano ao longueiro como mellor ocasión.

Saía algo mellor o cadro local na segunda, pero nun balón parado e tras varios rebotes os visitantes se adiantaban. O Dumbría empurrou aí, tendo ocasións por medio de Diego Estévez, pero tamén con algún oco atrás. Con todo Aarón Fdez. empataba e pouco despois Xabi Castro completaba a remontada. E cando o equipo tiña que ter pechado o partido, pero non estiveron listos e nun centro lateral mal defendido permitía que se lle escapasen 2 puntos que tiñan merecido.

Máis info

Comentarios