Preferente: Suma e segue

Nova xornada sumando para os dous equipos da Costa na Preferente. O Sofán sumou a súa terceira vitoria en 4 partidos, mentres que o Dumbría acadou un valioso empate na Laracha e segue sen coñecer a derrota.
Sofán - Miño (1-0)

- Sofán: Brais, Javi, Dani García, Becerra, Alex Sánchez, Iraitz, Izan, Fabián, Alxandre, Julián e Joel. Tamén: Gardu, Iván, Pardo, Dani Pena, Isma e Marcos Montero.
- Gol: 1-0, m.87: Isma.

Partido igualadísimo que se decantou só contra o final. E iso que na primeira media hora de moi bo xogo por parte dos de Pablo Torreira, Becerra mandou dous balóns ao longueiro. No último cuarto de hora, o Miño envorcou o partido ao campo local tendo tamén varias ocasións para abrir o marcador.
Saía de novo mandón o Miño na segunda, pero o Sofán era quen de sacudirse o dominio cun par de contras, como unha de Julián que marra no man a man. O gol non chegou ata o 87, cando Isma empalmaba un pase tras roubo no medio campo de Marcos Montero.
Aínda quedou tempo para que Brais salvase a vitoria nun córner, e para que o Sofán sentenciase en dúas contras que non viron portería.
Paiosaco - Dumbría (0-0)

- Dumbría: Anxo, Mataso, Berto, Breixo, Aarón Fdez, Iago, Juan Trillo, Lucas, Alex Marcote, Xabi Castro e Diego Estévez. Tamén: Isma, Mario, Oablo Cost, Jano, Adrián Periscal, Toni e Javi Souro.
Peor partido dos de Pablo Conde no que vai de temporada, con moitos debes, pero ante un Paiosaco que tampouco estivo moi fino, apenas tendo un man a man que salvou Anxo.
Na segunda subiron a intensidade os dumbrieses, sen estar ben co balón, pero xa avisou Xabi ao cuarto de hora cun remate fóra dende o punto de penalti. Nos últimos 15 minutos si que se rompeu o cadro local e aí tiveron Periscal e Diego Estévez dúas ocasións clarísimas para romper a igualada. Así e todo, o equipo segue sen coñecer a derrota.
Máis info
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.