luns. 15.09.2025
El tiempo

Preferente: O Dumbría pesca en San Tirso pero o Sofán atópase con Juan de Celia

Sofan Negreira-Foto-SD
Imaxe do Sofán-Negreira-Foto-SD
Preferente: O Dumbría pesca en San Tirso pero o Sofán atópase con Juan de Celia

Segunda xornada da Preferente e cara e cruz para os nosos equipos. Se o Dumbría sacab 3 puntazos dun campo como o Monte, o Sofán non puido sacar nada positivo da visita do Negreira, ao atoparse cun vello coñecido da Costa, o loureán Juan de Celia, que saíndo dende o banco deu un gol e marcou outro para darlle a volta ao marcador, antes de ter que saír lesionado do Carral.

San Tirso - Dumbría (1-2)

  • Dumbría: Anxo, Berto, Breixo, Aarón, Iago, Toni, Juan Trillo, Alex Marcote, Lucas Toba, Diego Estévez e Javi Souto. Tamén: Miguel, Mataso, Íker, Pablo Costa Crabel, Hugo Haz, Pablo Costa Ramos, e Mario.
  • Goles: 0-1, m.6: Estévez; 0-2 m.32: en propia meta; 1-2, m.45+2: Paulo.

Competiu moi ben o Dumbría de Pablo Conde a pesar de ter en fronte un equipo aspirante a todo, con costeiros como Dani Fedello ou Pablo Vigo. E iso que os dumbrieses chegaban con 5 xuvenís na convocatoria, pero non se amilanaron e o deron todo. Bo partido dos costeiros na primeira metade, aguantando ben atrás, e sacando balóns aproveitando.a velocidade de Diego Estévez, que abría moi pronto o marcador. Non sufrían os de Conde que aproveitaban unha xogada de sorte para ampliar a renda cun tanto en propia meta.

Pero xusto antes do descanso recurtaba o cadro local deixando o partido complemtamente aberto para a segunda. Soubo poñer o mono de traballo o cadro branco e aguantar a vitoria nun campo tan difícil como o do Monte.

Sofán - Negreira (1-3)

Plantel do Sofan ante o Negreira

  • Sofán: Gardu, Javi, Dani, Alex Sánchez, Julián, Izan, Alexandre, Pablo Parafita, Fabián, Marcos Montero, Joel e Julián, Tamén: Brais, Iván Pardo, Dani Pena, Iván Fdez., Isma, Iraitz, Hugo Pastoriza.
  • Goles: 1-0, .9: Joel; 1-1, m.60: Adrián Pereira a pase de Juan de Celia; 1-2, m.67: Juan de Celia; 1-3, m.88: Manuel Mayán nun córner.
Pablo Torreira no banco do Carral
Pablo Torreira no banco do Carral. Foto: SD

Partido con dúas partes ben diferenciadas. Primeira parte na que o Sofán foi mellor, sen ceder ocasións, tan só un malentendido entre Gardu e o central que permitiu unha chegada dos nicrarienses. Si que as tiveron os locais, mesmo despois de abrir o marcador por medio do xuvenil Joel, que aproveitaba un centro chut de Alexandre para abrir o marcador. As mellores, dous remates en sendos córners de Pablo Parafita que ben puideron ter ampliado a renda.

Cambiaron as tornas na segunda, se ben Alexandre tivo dous boas ao comezo para os de Pablo Torreira. Pero apareceu a figura do loureán Juan de Celia, que en só 35 minutos sobre o céspede foi claro protagonista. Saía tralo descanso, e pronto deixaba cun gran pase só a no man a man a Adrián Pereira para facer o empate. Pouco despois facía o 1-2 cunha volea coa zurda dende a área grande que se colou na escuadra. Tivo que saír por lesión a 10 do final, e xa co Sofán envorcado, tras un córner Manuel Mayán lanzou dende o borde da área outro gran gol tras bater no longueiro.

Máis info

Todas as crónicas de Preferente.

Comentarios