Preferente: Sofán e Dumbría aséntanse na zona noble

Pablo Parafita celebra un gol da SD Sofan-Foto-SD

6º e 7º clasificado sitúanse Sofán e Dumbría trala disputa das 3 primeiras xornadas do curso en toda unha Preferente. O Sofán sumaba a súa segunda vitoria do ano, desta volta fóra de casa, mentres o Dumbría segue sen perder, a pesar de quedar coa sensanción de ter deixado escapar dous puntos ante o empate.

Dumbría - Pol (1-1)

11 do CF Dumbria na xornada 2. Foto: CF Dumbría
  • Dumbría: Anxo, Mataso, Berto, Aarón, Breixo, Toni, Iago Insua, Marcorte, Juan Trillo, Javi Souto e Estévez. Tamén: Mario, Lucas Toba, Pablo Costa, Jano, Adrián Periscal, Xabi Castro e Isma.
  • Goles: 0-1, m.58: Samuel Ríos; 1-1, m.60: Diego Estévez.

Quedou coa sensación de que o Pol marchou vivo do Conco, se ben é un equipazo, que seguro que vai estar moi arriba. E así o demostraba avisando con dúas ocasións claras no primeiro cuarto de hora. A partir da media hora os de Pablo Conde comezou a mandar, e obrigou ao porteiro lucense a salvar dúas chegadas.

Saían mellor os locais na segunda, que viron como o colexiado non daba por válido un gol pantasma. E na xogada seguinte os visitantes se metían por diante. Pero moi pronto aparecía Estévez para marcar o empate, Segundo gol en tres partidos do pichichi fisterrán, que volve demostrar que non hai categoría que lle quede grande.

A partir de aí só houbo un equipo sobre o céspede dumbriés, con ocasións de Javi e Estévez de novo… e o asedio xa foi total cando a 10 do final os visitantes quedaron cun menos, e acabaron sufrindo moitísimo para manter o empate.

Lalín - Sofán (0-1)

11 da SD Sofan ante o Lalin-Foto-SD
  • Sofán: Gardu, Javi, Dani García, Alex Sánchez, Julián, Iraitz, Izan, Fabián, Alexandre, Pablo Parafita, Joel. Tamén: Brais, Becerra, Iván Pardo, Dani Rod, Hugo Pastoriza.
  • Gol: 0-1, m.56: Pablo Parafita tras un saque de banda.

Con 6 baixas presentába o cadro de Torreira no Manuel Ángel Cortizo, formulando a saída dende a firmeza defensiva. Fixo un partido moi serio a nivel defensivo o cadro carballés, sen apenas sufrir no primeiro tempo, tendo tamén fases de control do balón.

Tiveron algo a sorte de cara e se meteron por diante tras un saque de banda que aproveita Pablo Parafita para marcar. Puideron matar o partido en varias transicións, pero os locais tamén apretaron e houbo que traballar moito a defensa, sobre todo os laterais e Gardu, para evitar o empate dos locais.

Segunda vitoria do curso que deixa moi ben situado aos de Torreira.

Foto: SD

Máis info

Todas as crónicas de Preferente.