Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Preferente: O Xallas descende nunha polémica xornada

Xallas hai un par de xornadas
Preferente: O Xallas descende nunha polémica xornada

Non puido ser. Tiña que gañar e que pinchase o As Pontes ante o poderoso Boiro. Pero non aconteceu. O Xallas cumpliu e venciu ao Santaballés na última xornada da fase pola permanencia na Preferente. Pero ese 5-0 non foi suficiente. O As Pontes vencía 0-1 no Valiño a un Boiro que viña de gañar 5 partidos e empatar 1 en toda a fase. Deste xeito, o As Pontes queda con 21 puntos polos 20 do Xallas, que remata a fase na 3ª praza (a pesar de ser o que máis puntos sumou nesta fase), o que provoca o seu descenso.

Dende o equipo consideran que se trata a “Liga máis adulterada da historia”. Consideran que clarexar os criterios de descenso na última semana a través dun comunicado “ten unha clara mal intención de decidir a quen beneficiar ou perxudicar”, pois non entende que haia “criterios totalmente diferentes para decidir os descensos e ascensos das diferentes categorías da mesma categoría”.

Comentarios