QPC e FUTGAL arman un Encontro aberto entre Colectivo Arbitral e os clubs do Fútbol da Costa.

Seguindo a liña das Xornadas Formativas organizadas por QPC e o Comité Galego de Adestradores arredor do fútbol masculino e do FutfemdaCosta, a familia de Quepasanacosta quere dar un paso máis cunha sesión pioneira: un Encontro público entre o colectivo arbitral e os clubs do Fútbol da Costa.

Conxuntamente co Comité Técnico de Árbitros da Real Federación Galega de Fútbol, e coa colaboración do Concello de Ponteceso, lanzamos este encontro necesario que esperemos sexa produtivo, dende o respecto, para achegar posturas entre os colexiados e os responsables dos clubs.

A cita será este vindeiro luns 23 de marzo, ás 19:00h no MELGA, en Ponteceso.

A Xornada Formativa ADN comezará cunha Ponencia de Eugenia Gil Soriano (árbitra coruñesa FIFA de 1ª Div. Femimina e 1ª RFEF).

De contado, haberá unha Mesa Redonda moderada por Óscar Leis (QPC e adestrador do Lira CF) con:

  • Paula Veiga (Xogadora e adestradora de base no UC Cee)
  • Santi Lira (adestrador do CF Dumbría)
  • Paula Noceda (delegada do CD Muros)
  • Alberto Recarey (xogador do Ponteceso SD)
  • Adrián Pérez Rellán (árbitro Preferente FUTGAL)

A entrada é aberta para todo o mundo.

Máis novas