As Seleccións da Costa Femininas sub11 e sub14 estrearanse este Entroido
30 de xaneiro de 2023 (14:16 h.)
Ademais das volta das Seleccións da Costa masculinas de base, a gran novidade deste Entroido será a estrea das Seleccións da Costa Femininas sub14 e sub11.
A subdelegación costeira Real Federación Galega de Fútbol vén de enviar as convocatorias dos combinados costeiros, que tamén participarán no Campionato Galego de Seleccións Comarcais deste entroido.
Á fronte da sub11, que xogará a Fútbol 8, estará Eloy García (Xallas), e o primeiro adestramento será este mércores 1 de febreiro ás 17:00h en Zas. Esta é a convocatoria:
Pola súa parte, a sub14 (xa de fútbol 11), estará dirixida por Rubén (Cee), que adestrarán por primeira vez o mesmo día tamén no campo de San Andrés a partir das 18:30h, con esta convocatoria:
Novas relacionadas
- Convocatorias das Seleccións Masculinas sub11 e sub13.
- Xaneiro 23: Marea de solidariedade nos Partidos das Seleccións da Costa QPC.