Volve a Amarela por Entroido
- Carlos Romero e Leo Picallo son os adestradores das seleccións masculinas sub11 e sub13.

11:03 30/01/23
Despois dos choques solidarios das Absolutas por Nadal, este Entroido volven as Seleccións da Costa sub11 e sub13. A Real Federacióm Galega de Fútbol organiza a fin de semana do Entroido os Campionatos galegos comarca e aí volverá estar a Amarela.
Xa están lanzadas, de feito, as convocatorias para os primeiros adestramentos. O seleccionador da sub-11, Carlos Romero (Outes), xa artellou onte o seu adestramento en Zas, para preparar o campionato, con esta convocatoria.
Pola súa parte, a sub13 que adestra Leo Picallo, xa ten tamén convocatoria para o adestramento deste mércores.
Novas relacionadas
- Xaneiro 23: Marea de solidariedade nos Partidos das Seleccións da Costa QPC.
- Xuño 22: A Amarela no Torneo Luís Calvo: “Penso que realmente o disfrutaron un montón”.
- Xuño 22: Mario ca Sub12: “Está claro que na Costa talento hai”.
- Xuño 22: A sub12 volveu adestrar en Fontenla ás ordes de Mario e Carlos.
- Alberto Pose: A herencia da Amarela.