Sábado. 20.04.2024
El tiempo

As Seleccións da Costa Femininas sub11 e sub14 estrearanse este Entroido

Xogadoras da Seleccion Feminna senior
Xogadoras da Selección Feminina Sénior no partido celebrado no Conco
As Seleccións da Costa Femininas sub11 e sub14 estrearanse este Entroido

Ademais das volta das Seleccións da Costa masculinas de base, a gran novidade deste Entroido será a estrea das Seleccións da Costa Femininas sub14 e sub11.

A subdelegación costeira Real Federación Galega de Fútbol vén de enviar as convocatorias dos combinados costeiros, que tamén participarán no Campionato Galego de Seleccións Comarcais deste entroido.

Á fronte da sub11, que xogará a Fútbol 8, estará Eloy García (Xallas), e o primeiro adestramento será este mércores 1 de febreiro ás 17:00h en Zas. Esta é a convocatoria:

Convocatoria Seleccion da Costa femina sub11

Pola súa parte, a sub14 (xa de fútbol 11), estará dirixida por Rubén (Cee), que adestrarán por primeira vez o mesmo día tamén no campo de San Andrés a partir das 18:30h, con esta convocatoria:

Convocatoria Seleccion da Costa Feminina sub14 2023

Novas relacionadas

Comentarios