Só o Dumbría superou a primeira proba. Os campións teñen outra oportunidade

Imaxe do choque do Dumbría Infantil no Carral ante o Ordes

Arrincaron as Fases de Ascenso ás Ligas Galegas de base. Con bastante mala sorte, como vén sendo habitual nos últimos anos, nos que só o Dumbría conseguiu acceder ás ligas autonómicas. De feito, dos 6 representantes costeiros, foi o Dumbría, 2º da Liga Infantil, o único que acadou a vitoria na eliminatoria previa.

Os de Huelvis venceron 2-3 ao Ordes, gracias aos goles de Sandro Toba (2), e Manu Arias; e agora métense en Oitavos (tendo que superar 3 eliminatorias), comezando polo Numancia.
E a Oitavos tamén pasa o Cee, a pesar da derrota, como campión de grupo. Os de Rubén sufriron unha inmerecida derrota tamén na fase celebrada no Carral, e caía na tanda de penaltis ante o Cambre.


O Cee caeu no Carral a penaltis

En Cadetes, o campión, o Zas, non tivo opcións ante o Imperátor, e tócalle agora comezar a carreira polo ascenso dende Oitavos, comezanado polo Narón B.

O mesmo terá que facer o campión xuvenil, Os MIúdos, que caía 2-0 ante o Calasanz B. Os muradáns empezan agora dende Oitavos, onde terá que superar nunha eliminatoria a doble partido ao Arzúa.

Quedaron definiivamente eliminados os dous segundos das ligas xuvenil e cadete. O Fisterra xuvenil fixo un gran papel e mereceron máis ante o Oza Juvenil e tras empatar a 1 (o gol fisterrán do pichichi Isaac), caeron na tanda de penaltis.
Pola súa banda, o Outes Cadete sufría unha derrota pola mínima ante o Cambre e queda apeado da loita polo ascenso.

 

Novas relacionadas