Venres. 23.08.2019
El tiempo

O EFM Vimianzo e o Fisober, campións das Ligas LCFS

O Fisober FSF quedou campión Alevín das LCFs
O Fisober FSF quedou campión Alevín das LCFs
O EFM Vimianzo e o Fisober, campións das Ligas LCFS

As Ligas Comarcais de Fútbol Sala, organizadas polo Club Deportivo Costa da Morte, chegaron ao seu remate esta fin de semana. Tras 18 intensas xornadas, non foi ata a última cando se decidiron os títulos.

En categoría Benxamín, o EFM Vimianzo de Paco chegaba a esta decisiva fin de semana con 2 puntos de vantaxe sobre o Manuela Rial. E non fallaron en Camariñas, vencendo por 2-8 e alzándose co título. Os Brais, Alejandro, Gabriel, Dani e Aleix (arriba); Gael, Mario, Iker e Doudou (abaixo) celebraron co Paco o título.

EFM VImianzo campion benxamin LCFs

Pola súa parte, en categoría Alevín a situación era semellante. O EF Corcubión aínda tiña opcións de cazar ao Fisober FSF, pero o cadro mixto dumbriés non fallaba no Conco ante o Manuela Rial, vencendo por 3-1.

Así celebrando o campionato @s [email protected] de Ana e Dani: Anxo, Iago, Javi, Lara, Marta, Miguel, Noa, Pablo, Sabela e Zoe.

Vindeira cita: campionato Intercomarcal

Xa preparan os campións (xunto co Villa de Cee, campión Infantil despois dunha fase final en formato concentración disputada en febreiro) o Campionato Intercomarcal, que se celebrará en Padrón este vindeiro sábado 13 de abril.

Novas relacionadas

Comentarios