Luns. 11.11.2019
El tiempo

O EFM Vimianzo, campión Intercomarcal de FS

Os Benxamíns do EFM Vimianzo proclamáronse campións intercomarcais
Os Benxamíns do EFM Vimianzo proclamáronse campións intercomarcais
O EFM Vimianzo, campión Intercomarcal de FS

Esta pasada fin de semana disputábase en Padrón o Torneo Intercomarcal das Ligas de Fútbol Base Alevín e Benxamín. Alí acodían os equipos campións das Ligas COmarcais da Costa da Morte, EFM VImianzo e Fisober. Máis alña dos resultados, as nenas e nenos dos equipos, así coma os seus adestradores, disfrutaron enormemente da experiencia.

Os pequenos benxamíns do EFM Vimianzo finalizaron campións Intercomarcais, despois de vencer ao Negreira en semifinais (por 3-5) e na final (por 4-2) ao Puebla (que vencía en semis ao Outes).
O equipo dirixido por Paco, está formado por Brais, Aleix, Dani, Gael, Mario, Alejandro, Doudou, Gabriel e Iker.

Alevin Mixto do Fisober

Non tiveron tanta sorte o equipo Alevín Mixto do Fisober. O cadro dumbriés gañaba a súa semifinal ante o EDM Negreira, co resultado polo resultado de 4-2, cos goles de Javi en dúas ocasións, Zoe e Pablo. Na outra semi, o EDM Pontecesures eliminara ao Outes. E na gran final na que se impuxeron as E.D. M. de Pontecesures por 5-2, os dous goles do Fisober foron obra de Pablo.
O equipo de Ana e Dani, está formado por Miguel coma porteiro e coma xogadoras e xogadores de pista, Iago, Lara, Pablo, Zoe, Anxo, Noa, Marta, Javi e Sabela.

Campionato Provincial

A seguinte cita, será o Campionato Provincial, o 11 de maio en Noia, e aí estarán o EFM Vimianzo en benxamíns, ademais dos equipos femininos do Fisober en Alevín e Infantil, que pasan directamente á Provincial.

Novas relacionadas

Comentarios