Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Sen sorpresas nos Oitavos da Copa da Costa

San Lorenzo-Sofan CopadaCosta-Foto-Luis Gonzalez 1
Imaxe do San Lorenzo-Sofán-Foto-Luís González
Sen sorpresas nos Oitavos da Copa da Costa

Pendentes do Muxía-Soneira do martes ás 21:00h (o cadro muxián xogou a Fase de Ascenso á 1ª), solventáronse o resto de eliminatorias dos Oitavos da Copa da Costa sen sorpresas.

Un dos grandes partidazos era o derbi carballés entre San Lorenzo, recente campión da Liga da Costa, e o poderoso Sofán, afianzado na parte media alta da Preferente. 500 afeccionados encheron as Pedreiras para ver un partido dominado polo equipo de maior categoría, pero que brillou polo gran ambiente de fútbol e o respecto e agarimo entre ambas afeccións.

 

Ponteceso - Outes (5-2)*

Remontou o cadro de Pablo Mallón un 0-2  co que se metían por diante os de Miguel Ramos, para conseguir empatar e ir á prórroga. Foi no tempo engadido no que os pontecesáns sentenciaron o pase.

San Lorenzo - Sofán (0-5)

San Lorenzo-Sofan CopadaCosta-Foto-Luis Gonzalez
Foto-Luís González

Durante a primeira parte sería un choque bastante igualdado onde o Sofán atoparía o gol nunha xogada embarullada por medio de Bandera. Comezaría o segundo tempo e a cousa cambiaría cando o Sofán cosegue marcar o seu segundo tanto., de novo por medio de Bandera. A partir deste momento, o partido só tería un cor, neste caso o verde, e con balóns directos Paulo, en dúas ocasións, e Iván Parafita, sentenciaron un choque bonito e no que se viu o gran nivel de ambos equipos.

 

Esteirana - Xallas (0-4)

Carlos Rieiro, Xan Caridad, Adán e Doro selaron a vitoria dos de Adrián Vázquez no Xosé Luís Vara na mañá dominical.
Entraron os de Adrián Vázquez moi enchufados e pronto xa pedía un penalti e de contado abriron o marcador. Foi entrando a Esteirana no partido, sobre todo despis da expulsión do míster xalleiro, e ata o descanso fixo sufrir moito, sobre todo a balón parado, ao cadro da preferente. No segundo chegaba pronto o 0-2 que sentenciou o partido.

Quedan os xalleiros pendentes do Muxía-Soneira do martes ás 21:00h para coñecer o seu rival.

 

Porteño - Corcubión (1-3)

Vitoria do Corcubión ao Porteño, tras unha mala primeira metade dos de Cousillas, que viron comos de Nito, máis intensos, se metían por diante rápido cos tantos de Iago Lema e Mario.
Cambiou o conto na segunda. O cadro local saía máis forte, e Alan recurtaba, e apretou durante moitos minutos ata que Caye sentenciaba xa contra o final, coincidindo coa expulsiónd e Pejo.

Cabana - Baio (1-2)

Remontada do Baio nas Redondas. Con Baio non foi quen de ser superior a un Cabana que só coas gañas (malia estar con 11 baixas), disputas e empuxe foi que de poñer aos baieses contra as cordas. Tras unha primeria metade de ida e volta na que Diego Castro adiantaba aos de José Manuel, Félix moveu baio tralo paso por vestiarios e foron estes, os Aitor Vilas e Aday, os que fixeron que por momentos aparecese o control e puidesen xerarse ocasións de gol para dar a volta a marcador.

Corcubión - Baio para os Cuartos. Fin de tempada para os cabaneses.

 

Baíñas - Cee (0-1)

Un solitario gol de Isaac Fábregas, quen se non, no m.85, daba o pase a Cuartos ao Cee, ante un gran Baíñas

Cerqueda - Dumbría (0-11)

Cerqueda-Dumbria da Copa da Costa 2023

Partido sen historia, xa con gol tras gol dende o primeiro minuto.

Veremos un histórico Dumbría-Cee nos Cuartos.

 

Os cadros da Copa en www.copadacosta.com.

Comentarios