A tarde-noite do Xosé Luís Vara deixa a finalísima do 43º Campionato de Barrios de Esteiro

Cheo ata a noite no Xosé Luís Vara para o singular torneo de verán

O mellor torneo de verán de todo o país xa ten final. A fermosa tarde-noite de fútbol celebrada este domingo nun ateigado Xosé Luís Vara deixou só dous equipos vivos para a gran final do vindeiro luns 15 de agosto, no marco das Festas do Carme de Esteiro: Independiente de Uhia e Cánchester de Creo.

O Cánchester de Creo 2022
Independiente e Uhia 2022

Antes das semis celebrouse a presentación do equipo blaugrana que competirá este ano na 1ª Galicia. No marco do X Memorial Pedro Caamaño, a Esteirana de Geno vencía 1-0 ao Noia, co tanto de Elías.

A primeira Esteirana da 2022-2023

Xa ás 19:30h arrincaban as semis. O Independiente (actual campión da última edición en 2019) puido con outro dos sempre favoritos, os Ciclóns do maio.
Eran as 23:00h da noite cando o Cánchester confirmaba a súa presenza na final tras eliminar ao Abelleira.

Para dar conta da calidade do torneo, cómpre dar a lista dos máximos goleadores (e iso que falta algún...)

  • 1. Antón (Cánchester) 6 Goles
  • 2. Pablo Rama (Independiente) 6 Goles
  • 3. Iker Lado (Cánchester) 5 goles
  • 4. Adrián Abeijón (Ciclóns) 5 Goles

Todo queda pendente da gran festa do vindeiro luns 15.

O Carallo Santo quedou 5º

Mexilloada

Esta fin de semana o club blaugrana celebra a 3ª festa do Mexillón.

PALMARÉS DOS ÚLTIMOS ANOS DO CAMPIONATO DE BARRIOS DE ESTEIRO