A tarde-noite do Xosé Luís Vara deixa a finalísima do 43º Campionato de Barrios de Esteiro

O mellor torneo de verán de todo o país xa ten final. A fermosa tarde-noite de fútbol celebrada este domingo nun ateigado Xosé Luís Vara deixou só dous equipos vivos para a gran final do vindeiro luns 15 de agosto, no marco das Festas do Carme de Esteiro: Independiente de Uhia e Cánchester de Creo.


Antes das semis celebrouse a presentación do equipo blaugrana que competirá este ano na 1ª Galicia. No marco do X Memorial Pedro Caamaño, a Esteirana de Geno vencía 1-0 ao Noia, co tanto de Elías.

Xa ás 19:30h arrincaban as semis. O Independiente (actual campión da última edición en 2019) puido con outro dos sempre favoritos, os Ciclóns do maio.
Eran as 23:00h da noite cando o Cánchester confirmaba a súa presenza na final tras eliminar ao Abelleira.
Para dar conta da calidade do torneo, cómpre dar a lista dos máximos goleadores (e iso que falta algún...)
- 1. Antón (Cánchester) 6 Goles
- 2. Pablo Rama (Independiente) 6 Goles
- 3. Iker Lado (Cánchester) 5 goles
- 4. Adrián Abeijón (Ciclóns) 5 Goles
Todo queda pendente da gran festa do vindeiro luns 15.

Mexilloada
Esta fin de semana o club blaugrana celebra a 3ª festa do Mexillón.
PALMARÉS DOS ÚLTIMOS ANOS DO CAMPIONATO DE BARRIOS DE ESTEIRO
- Xa temos semifinais do singular Campionato de Barrios de Esteiro.
- 2022: 43º Campionato de Barrios: Esteiro non pecha o campo por verán.
- 2019: O Independiente volve reinar no Campionato de Barrios de Esteiro
- 2018: Os Ciclóns do Maio levan, por segundo ano, o mítico Campionato de Barrios de Esteiro.
- 2018: Recta final do mítico Torneo de Barrios de Esteiro coas Semis.
- 2017: Os Ciclóns do Maio, campións do 40 Campionato de Barrios de Esteiro.
- 2016: O Independiente faise co campionato de Barrios.
- 2015: Abelleira campións dos Barrios de Esteiro de 2015.
- 2014: O Independiente, campión do Campionato de Barrios de Esteiro 2014.
- 2013: O Campionato de Barrios de Esteiro, unha competición singular: Independiente de Uhia faise co título.
- 2012: Un Ciclón arrasou no Campionato de Barrios de Esteiro.