Veteranos: O San Román, Rei de Copas


Alzouse o San Román ca 14ª edición da Copa da Costa de Veteranos, celebrada no campo das Pedreiras de Verdillo o pasado 9 de xullo. O cadro larachés sumaba a súa 3ª copa vencía ao Coristanco, rompendo así a igualada que mantiña co cadro verde.
A xornada completouse ademais cun fermoso partido entre os combinados de 1ª e 2ª División, e unha churrascada de confraternidade.

San Román - Coristanco (3-2)

- San Román: Añón, Bechi, Montero, Martín Fuentes, Álex, Óscar, Javi Fuentes, Santi, Berti, Chusca, Martín. Tamén xogaron: Pombo, Víctor, Marcos, Óscar, Avelino, Suso, Carlos, Loureiro, Zalo e Sebas.

- Coristanco: Chapas, Chitín, Juan, Toniño, Valenza, Lorenzo, Mauri, Adrián, Zurdo, Iván, Moncho. Tamén xogaron: Tono, Suso, Luky e Ramón.

Comezou espectacular o San Román pechando na súa área a un Coristanco que apenas aguantaba as embestidas dos azuis. A velocidade de Santi estaba a ser un pesadelo para a defensa verde, e así en 20 minutos o cadro larachés se metía con dous goles de distancia. E aínda que os de Cabovilaño ampliaron diferencias (1-3), o gol de Adrián (2-3) permitiu aos coristanqueses desplegar o seu mellor fútbol ata o descanso.
Na segunda, o San Román perfiriu nadar e gardala roupa. Moita loita no medio campo pero poucas chegadas, ata que nos últimos 5 minutos chegaron as mellores ocasións nas que meta Añón demostrou que aínda está en forma para xogar cos modestos, lucíndose a tiros de Carliños, e de Toniño na que foi a última gran ocasión, permitindo que o San Román sumase así o seu terceiro trofeo copeiro.


Partido de Seleccións: Selección de 1ª - Selección de 2ª (3-0)

- Selección de 1ª: Miguel Álvarez (Milagrosa), Maikel e Cano (Bértoa), Mata (Castriz), Casca e Dubra (Hosgran), Fandiño (Dumbría), Baña (Porteño), Óscar Toja, Mouzo e Matías (Laxe), Chema, José Antonio Rey, Tony e Chupe (Ponteceso), Rubén e Padronés (Soneira), Óscar Suárez (San Lorenzo).

- Selección 2ª: Nelson (Buño), Manolo (Nantón), Rama (Baio), Charlie, Jacinto e Víctor (Dep. Carballo), Mato e Javi (Cabana), Diego e Roberto (Poniente), Mutiu e Joshua (Malpica), Lito e Brandón (Sofán), Sergio (Fisterra), Pablo e Pouso (Corcoesto), Manu e Palermo (San Isidro).
- Goles: 1-0, m.20: Óscar Toja; 2-0, m.35: Óscar Toja; 3-0, m.55: Cano.
Foi o pichichi laxense Óscar Toja o que rompeu a igualada que se viu no campo durante o prmieiro período. Os seus dous tantos puxeron en vantaxe aos da 1ª, permitindo aumentar a superioridade durante un segundo tempo no que tanto o pichichi laxense como Óscar Suárez foron os mellores dos seus. Polo bando de segunda destacaron Palermo e Víctor.
A festa rematou cunha boa churrascada no campo das Pedreiras.

Novas relacionadas
- Volta das semis: O Coristanco meteuse na final da Copa no último suspiro e pelexará co San Román.
- Ida das Semis: A final está moi cara.
- Ida dos Cuartos: Veteranos: Laxe, San Lorenzo e San Román toman vantaxe.
- Os Veteranos preparan a Gran Final da Copa e o partido das seleccións.
- Os Veteranos de Santiago tamén se unen á Federación.
- Volta da Previa: O Club do Mar a piques de darlle volta a eliminatoria ante o Coristanco.
- X.30: Duelo de pichichis para acabar a Liga e xa dar paso á Copa.
- x.26: O Club do Mar alcanza o título na súa primeira temporada en 1ª División.
- X.25: O Corcoesto certifica o seu ascenso e o Club do Mar acariña o título da 1ª División.
- X.23: O Dumbría sorprende ao Club do Mar.
- X.20: Corcoesto e San Isidro deixan o aberto o título de 2ª e o Ascenso.
- X.14: O Club do Mar pecha a primeira volta como líder indiscutible.
- X.2: Club do Mar, Zas e Milagrosa mandan.
- X.1: O Porteño empeza a tope.
- O Fútbol en Malpica, o reflexo do envellecemento costeiro.
- Fútbol, sol e churrasco no Torneo de Castriz.
Crónicas do ano pasado
- 2015/2016: O Soneira álzase ca Copa da Costa de Veteranos.
- 2015/2016: O At. Milagrosa, campión da Liga de Veteranos:
- 2015/2016: San Lorenzo e Club do Mar, campións de inverno.
- 2015/2016: Veteranos: O Coristanco cobrou a vinganza na Supercopa ante o San Román.
Máis información
- Os cadros da Copa da Costa 2017 en www.copadacosta.com.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Colabora Modesto Parga.