Vimianzo e Santa Comba acollerán as Finais das Copas da Costa 2026
06 de febreiro de 2026 (13:45 h.)
Era visto, pero xa é oficial. O Campo Municipal Irmandiño de Vimianzo e o Campo de Fontenla de Santa Comba acollerán as finais das Copas da Costa 2026. Co gallo do 60 aniversario de ambos clubs, a Real Federación Galega de Fútbol tivo a ben aceptar as propostas de ambos clubs e concellos.
Os rexedores, tanto a vimiancesa Mónica Rodríguez como o xalleiro Alberto Romar, amosaron a súa satisfacción por ser escollidas, e o presidente da RFGF Pablo Prieto amosou a súa confianza plena no éxito dos eventos, que se completararán con actividades paralelas.