luns. 05.01.2026
El tiempo

CopadaCosta: O Sofán bate ao Dumbría nunha eliminatoria con 4 quendas de penaltis

O SD Laxe tras superar ao Baio na Copa da Costa
O SD Laxe tras superar ao Baio na Copa da Costa
CopadaCosta: O Sofán bate ao Dumbría nunha eliminatoria con 4 quendas de penaltis

Facemos un repaso rápido (desculpen que estamos en tempos de conciliación) da rolda de Dezaseisavos da LXI Copa da Costa masculina.

16 partidos que deixan cousas moi interesantes, con poucas sorpresas, pero 4 quendas de penaltis e 7 goleadas. Só o Corme, o Laxe, o Volantes e o Oza superaron rivais de maior categoría, se ben un dos grandes focos de atracción deuse no Conco, co choque entre os dous Preferentes.

O Sofán puido co campión

Partido moi tenso en Dumbría, no que o Sofán botou fóra, ás primeiras de cambio, ao actual campión. Dous goles de Alexandre e Julián ao comezo do segundo tempo meteron aos de Pablo Torreira por diante. Estévez recurtou dende os 11 metros, e despois de case media hora apretadísima, finalmente non chegou o empate dumbriés e o Sofán dá un paso importante na súa loita por facerse co seu 2º título copeiro, despois do acadado en 2023. Quédalle un cadro favorable, co Oza, en Oitavos e o vencedor do Outes-Cabana en Cuartos.

O Laxe puido co Baio

Un dos protagonistas da xornada é o Laxe, que dá conta da súa melloría trala chegada de Saleta e da marea de reforzos da casa que se incorporaron en novembro. Os locais adiantábanse por medio de Santi Casás, un dos que volvían a casa hai pouco. Na segunda igualaba o cadro de Lobelos co tanto de Cheti, pero xa no desconto, volvía aparecer Santi Casás para darlle un alegrón á parroquia laxense diante ademais, dun rival clásico.

O Corme, o Volantes e o Oza, superaron a equipos de maior categoría. Samu, heroe

O OZa tras vecner ao Muros na Copa da Costa
O Oza tras vecner ao Muros na Copa da Costa

Tamén superaron a equipos de superior categoría o Corme e o Oza. Os de Ángel Pérez superaron a unha Esteirana, que malia recuperar xogadores como Simón ou Toni, aínda non acaba de atopar o seu sitio. Lucas abría o marcador moi pronto, pero Pablo Val empataba. Pero dous tantos de Borja, e de novo Lucas, antes do descanso, daban conta da superioridade local. Joshua e Brais Pailos completaban a inesperada goleada.

Mentres, en Carballo, o Oza tiraba de épica para vencer ao Muros. Despois de hora e cuarto de tensión e igualdade, Benji adiantaba aos muradáns a 15 do final. O Oza apretou e no desconto, o meta local Samu convertiuse no heroe do partido. Primeiro, subiu a rematar nun córner, e enganchou unha chilena que batei no longueiro e o rexeite quedoulle para que Nacho empuxase a gol, e mandase o partido á quenda de penaltis. Volveu aparecer Samu para para dous penaltis e mandar aos seus a Oitavos, a un derbi carballés histórico.

Tamén o Volantes superou ao Soneira, equipo da Liga da Costa, e tivo que facelo a penaltis. Mario marcaba moi cedo para os soneiráns pero Manu Lago empataba á hora de xogo. Tras media hora de tensión, a sorte decidiuse nos penaltis, cando Manu Fontenlos marcou para o Volantes e Oreiro fallou do lado irmandiño.

Sufrindo, mesmo a penaltis

Cee e Porteno no Sampaio de Refoxos-Foto-Parker
Cee e Porteño no Sampaio de Refoxos-Foto-Parker

Apretadísimos, xa de auténtica Copa da Costa, algún dos enfrontamentos. Tamén a penaltis superou Porteño ao Cee no Samapio. Xián adiantaba aos locais; Bruno empataba ante os seus ex. Josiño volvía meter aos ceenses por diante, pero volvúa aparecer Bruno para poñer o empate. Na quenda, o erro de Sergio Fidalgo, e o último marcado por Yuyo, deron o pase ao Porteño.

A penaltis tamén pasou o Muxía, tendo que chegar ao 9º penalti. Igualdade máxima sobre o céspede das Pedreiras, e foi o porteiro Iván Bouzón o que eviataba o tiro de Alex Vázquez e transformaba o 9º penalti para meter aos de Pataca na seguinte rolda.

Tamén sufriu o Outes para superar ao Camelle no Rodeiro na xornada sabatina, e o Zas para bater ao Seaia. No Rodeiro, dous goles de Keko puñan o partido de cara para os de Geno, pero na segunda, Dido recurtaba e o equipo visitante acababa pedindo a hora.

Seaia-Zas da Copa da Costa
Seaia-Zas da Copa da Costa

Mentres en Pedra Queimada, o Zas foi quen de remontar dous golees tempraneiros do capi local Alex Mato. Anxo e Adrián Rama meteron o empate antes do descanso nun arreón, e Joel, a falta de 4 minutos, metía aos de Pereiro e Forján nos Oitavos, despois de eliminar hai unha semana ao Corcubión.

Algo sufriu, pero menos, o Camariñas, que tardou ata o m.85 en sentenciar o partido o Pereiriña. Dous de Mario, un no 26, e outro no 85, meten aos de Cabrejo nos Oitavos.

O resto, goleadas máis ou menos claras

11 do Xallas que pasa rolda da Copa da Costa
O Xallas goleou ao Inter

Polo resto, poucas sospresas. Goleadas claras do Malpica ao Lira (cos tantos de Saydou, que está que se sae, Fran e Raúl Reigía);
O Monte Louro venceu en Vimianzo ao Baíñas, cos tantos de Héctor, Iker, Xián e Flavio;
O Xallas endosou 7 ao Inter cos tantos de Doro (3), Sergio Barbeira, Bryan (2), e mesmo o porteiro Iván Couto, o meta xalleiro, que saía na segunda metade de xogador de campo polas molestias do seu irmán Adrián Couto, e se estreaba como goleador facendo ademais un bo gol, en xogada individual, recurtando e marcando ao pau curto.

Ponteceso Castriz con David Castreje
Capis do Ponteceso e Castriz co trio arbitral comandando por David Castreje

Precisamente o Xallas terá derbi co Castriz, que superou con relativa solvencia ao Ponteceso. Eloy Álvarez adiantaba moi cedo aos de Jorge Guillamet, que aguantan a primeira metade en vantaxe. Pero o Castriz saíu forte na segunda, Juanjo empataba, e nun arreón Josiño e Chapela daban a volta á eliminatoria, que sentenciaba Fabio.

E finalmente o Cabana endosaba a primeira derrota do curso ao Coristanco, líder da 3ª. Os de Adrián Lema comezaron meténdose por diante co gol de Iván Pastoriza, pero Ferreiro empataba á media hora. Migueliño metía por diante aos de Oscar Mingui no m.60 e non foi ata o 80 cando rompeu o partido co tanto de Ferreiro, outro en propia e un de Mateo sobre o pitido final.

Acabou en goleada, cal resultado de tenis, a vitoria do Fisterra na Peña do Ouro, pero o partido non foi tan claro como parece. De feito, ata o 75 o partido estaba empatado a 3, despois de que o Mazaricos empatara ata en 3 ocasións os dous goles de Isaac Fábregas e Guille. Fran Landeira, Steven e Marcos mantiñan ao equipo de Periscal no partido. Pero aparecería o 9 fisterrán para demostrar o seu idilio co gol e asinar 3 goles máis en apenas 8 minutos, rematando o partido con 5 tantos.

 

Máis novas

Comentarios