Volve a Gala do Fútbol da Costa - QPC con 40 premios

Os xa míticos balóns da Olería de Buño nunha das Galas do Fútbol da Costa-QPC
A cita servirá para consolidar a presencia do #Futfem no panorama futbolístico costeiro

Xa temos data para a final da Copa da Costa 2022. E coma sempre, a previa será coa celebración da Gala do Fútbol da Costa-QPC. A 7ª edición volve tras dous anos de obrigada parada, e farao en Malpica a fin de semana do 1 e 2 de xullo.

A gran novidade deste curso será a irrupción do Fútbol Feminino, que terá, por fin, o seu merecido protagonismo, provocando ademais que a cifra de premios supere os 40.
11 ideal masculino e feminino, Mellor Equipo; Mellor Xogador e Xogadora, Mellor Adestrador, Árbitro e Delegado do Ano; Premio Histórico… serán algún dos premios, entre os que non faltarán as homenaxes ao pequeno Abdoulaye e Pombo.

Como non podía ser doutro xeito, as eleccións dos galardoados volverán ser participativas, e serán ducias de xogadores, directivos, afeccionados, adestradores… do noso fútbol os que elixan aos mellores do curso.

Faremos ademais un repaso por estes dous complicados anos, destacando iniciativas como a de #QPCtv ou o Álbum do FutFem Galego, impulsado por esta casa.

Cómpre agradecer a disposición e colaboración do Concello de Malpica con este evento. Xa o anterior grupo de goberno se comprometera a acoller o acto, e o actual non dubidou en coller o relevo e poñerse á nosa disposición para o que sexa necesario.

Mentres, o forno da Oleiría Feituras xa traballan arreo para ter os xa míticos balóns de Buño listos.

Repaso das Galas