Martes. 19.03.2024
El tiempo

O Outes, Iago, e Álex Pombo foron os protagonistas da II Gala do Fútbol da Costa – QPC

O Outes, Iago, e Álex Pombo foron os protagonistas da II Gala do Fútbol da Costa – QPC
Foto de Ganadores da Gala QPC do Futbol da Costa

Xa sabemos quen son os Mellores do curso 2014/2015. Foi un éxito total a II Gala do Fútbol da Costa - QPC, cun case cheo no auditorio da Casa da Cultura de Cee. Un evento vertebrador, como indica o sino deste xornal dixital, unindo xentes dende Outes a Carballo, de todas as comarcas da volta.

Unha Gala con 27 premios, cunha ollada á historia e á base, e sobre todo, que servíu de homenaxe a Álex Pombo, o bravo meta cabanés que nos deixaba inesperadamente este ano. Para el foi, con diferencia, a ovación da noite nun emotivo momento no que QPC procedeu a retirar simbólicamente o seu número do Combinado da Costa.

Publicaremos un Álbum de fotos no Fb do "Fútbol da Costa", pero facemos un completo repaso por aquí.

Homenaxe a Pombo na Gala Marea de xentes na Gala QPC do Futbol da Costa

A Gala, maxistralmente dirixida pola eterna Voz do futbol costeiro, Fran Hermida, arrincaba cunha arenga de Ubaldo Cerqueiro pola unión dos clubs nunha verdadeira entidade que aglutine e nos defenda ante a Federación, ademais de louvar a gran labor das directivas.

Tivo a Gala o seu momento para as risas. Espectaculares estiveron os muradáns Pachi y Culo, cun guión moi traballado con anécdotas de todo o curso, e un homenaxe a varios equipos. Este par vai dar moito que falar na escena humorística costeira.

Unha Gala que non podería ter sido posible sen a colaboración do Concello de Cee, nomeadamente na persoa e no traballo de Víctor Castiñeira. Pero tampouco sen os membros da familia QPC, as azafatas e por suposto, patrocinadores como Ferroatlántica, esa empresa que sempre aposta por apoiar o deporte, o Grupo Insua, o Concello de Malpica e os seus Oleiros de Buño, e o resto de patrocinadores: Calvo, Santitel, Clínica de Fisioterapia SAR de Cee, Autocares J. Pombo, A revista Fútbol Táctico, Atrio Proyectos, Clínica de Fisioterapia e Podoloxía Vertebra de Baio, Soloporteros, Pizzeria Il Molino de Coristanco, Bar Pousada de Outes, Dafit, entrenamiento personal y ocio, Aluminios Dumbría e Vitureira Bouzas.
A estes temos que engadir os que apostaron todo o ano por promocionarse en www.futboldacosta.com: Senra Sport, Clínica de Fisioterapia e Podoloxía Vértebra de Baio, Estación de Servizo Bazarra, Clínica de Fisioterapia A Xunqueira de Cee, Máis Deporte, a Tenda de Deportes en Cee, e Aluminios Dumbría.

Concelleiros de Cee e Malpica na Gala QPC do Futbol da Costa Case cheo na Casa da Cultura de Cee na Gala QPC do Fútbol da Costa

Marea de premios escollidos por votacións

Os Trofeos da Oleria de Buno

Faltaron poucos dos Galardoados, e se puido sacar unha bonita foto de familia. Houbo para todos: unha ollada á historia, dous premios á Base, os colexiados, a acción deportiva do ano, os pichichis e porteiros menos goleados, así como o 11 idea.

Pero os máis esperados eran os 5 grandes Premios: Afección, Equipo, Directiva, Adestrador e Xogador. O Outes levou 3 premios: Mellor equipo, Mellor Adestrador (Manu Roque repite) e Mellor Afección, mentres a do Sofán foi a escollida como Mellor Directiva.

A meirande parte foron escollidos tras unha votación aberta de máis de 120 persoas relacionadas co fútbol, 3 persoas de cada club (presi, capi e míster, puideron votar polos nominados ou por calquera outro, sen ser do seu propio equipo) ademais dunha serie de xornalistas e colaboradores da casa. Por iso cremos que foron o máis xustas posibles.

Premio CLÍNICA SAR ao Mellor Xogador

Premio Mellor Xogador a Iago

Premio FÚTBOL TÁCTICO ao Mellor Adestrador

Premio Futbol Tactico ao Mellor Adestrador

Manu Roque leva ademais un libro de Óscar Cano sobre Pep Guardiola, e dúas suscricións ás revistas técnicas e magazine da internacional marca bergantiñá.

Premio SANTITEL ao Mellor Equipo

Premio Santitel ao Mellor Equipo

Premio ATRIO PROYECTOS á Mellor Directiva

Premio Atrio Proxectos a Directiva

Premio VÉRTEBRA á Mellor Afección

Premio Vertebra a Mellor Afeccion

Premio CALVO 11 IDEAL

Premio Calvo 11 Ideal Futbol da Costa

Mellor Porteiro

Premio Calvo ao Mello Porteiro

Mellor Lateral Dereito

Premio ao Mellor Lat Dereito

Mellor Lateral Esquerdo

Oscarín Premio Mellor Lat Esquerdo

Mellores centrais

Iago e Amoedo Premio Mellores Centrais

Mellores Medios Centros

Lucas e Diego Cespón Premio Mellores Medio Centro

Mellor Interior Dereito

Doro Premio Melor Interior Dereito

Mellor Interior Esquerdo

MC Premio Mellor Int Esquerdo

Mellores Dianteiros

Alejo e Javi Suárez Premio Mellores Dianteiros do Fútbol da Costa

Unha Ollada á historia

Como non podía ser doutro xeito, a Gala non esqueceu a historia do fútbol da Costa e da súa potencia. O ano pasado premiamos aos 6 equipos creadores da Liga da Costa que seguen en competición. Este ano seguimos nesa liña e o facemos cun pequeno guiño a eses que seguen facendo do noso fútbol costeiro unha lenda ao longo do país. “Que morran de envexa” di Xosé María Lema Suárez cando escoita por aí que o Fútbol da Costa está sobrevalorado. Feitos como a publicación do libro “Mar de Paixón”, que publicaron Héctor Pose e Luís Porto e que premiamos na Gala do ano pasado, ou do Libro “50 anos do Fütbol da Costa” demostran que trascendemos o mero deporte, que somos moito. Queremos que este seguinte premio sexa unha homenaxe para Xosé María Lema Suárez e Chema Rei, actual presi do Baio. Os dous autoeditaron esta enciclopedia do fútbol costeiro, que segue o legado do libro “Historia do Baio” publicado en 1989, e mesmo levaron os seus libros para vender na Gala.

Así o Premio Histórico do Fútbol da Costa, como o máximo goleador nunha temporada da historia da Liga da Costa, é para ISIDRO, xa un mítico a pesar da súa xuventude, dos faladoiros do fútbol costeiros, despois de marcar… goles na tempada… co seu SD Fisterra. Non foi fai tanto, na tempada 91-92, aos seus 23 anos, cando o fisterrán facía 61 goles en só 24 partidos!!! Non lle chegou ao cadro fisterrán para gañar a Liga, pois foi o Cee o que alzou o título, pero o fisterrán estivo moi lonxe dos goles de Pepucho no Camariñas que quedara con 34 ou Suso Insua no Cee con 33 por detrás…

ISIDRO

2 Premios ao Fútbol Base

Premio Mellor club base

E seguindo de atrás cara adiante, do pasado ao futuro, tocaba falar da Base, algo que sempre nos interesa coidar. Houbo dous premios, un escollido nas votacións e outro escollido pola famlia QPC.

Como o ano pasado, as votacións escolleron, por goleada, ao Dumbría como o gañador do II Premio CALVO ao Fútbol Base, por diante de Outes, Corme e Cabana.

E ademais, a familia QPC quixo recoñecer o traballo do Unión Club Cee, nomeadamente na persoa de Nando como gañadores do Premio Calvo Especial ao Fútbol Base.

Premio Especial Club Base a Nando e ao Unión Club Cee

Piti e os colexiados

Premio a Piti pola Accion Deportiva

Unha das novidades deste curso foi o Premio á Acción Máis Deportiva, que entregou Marcos Ordóñez, un dos colexiados de maior carreira da Costa da Morte. Non estaba Piti, que marchou de vacacións, pero a súa acción de Xogo Limpo na xornada 13 foi lembrada na Gala coma un exemplo para recordar.

Ademais, quixemos recoñecer a labor dos eternos silenciados, os colexiados. Puxemos fotos da ducia de árbitros da zona como Pablo Rama, Javier Pichel, Rubén Reborido, Adrián Pérez Rellán, David Vázquez Lema, Vítor Recarei, Santiago Boedo Varela, David Castreje Ferrío, Luís Insua Lago e Bruno Méndez. E Premio ao Árbitro do ano na Costa, non é só polo que fai sobre os campos da 2ª Autonómica senón tamén polo seu compromiso fóra del co deporte e cos seus compañeiros no Comité de árbitro, foi para o carballés Vítor Recarei.

Premio Arbitro do ano para Vitor Recarei

Os pichichis e os Porteiros menos batidos, con homenaxe a POMBO

Premios Pichichis e Porteiros

Iago Lema do Corcubión, Piti do Volantes (que llo donou a un neno de 10 anos que o idolatra) e Alejo do Corme foron os pichichis do curso, e levaron os premios de DAFIT, Aluminios Dumbría e Vitureira Bouzas. Foron Nacho do Coristanco e Gato do Outes (repetiu) os porteiros menos goleado da 3ª e 2ª, patrocinados por Pizzería Il Molino de Coristanco e Bar A Pousada de Outes.

O momento máis emotivo da noite coincidiu co Premio que leva o nome do homenaxeado, o Premio Álex Pombo ao Porteiro menos Batido da Pref. e 1ªAutonómica. Un premio que case gaña el mesmo o ano pasado, pois precisamente estivo entre os máis votados e foi o segundo porteiro, detrás de Gato, no partido contra o Fabril e contra o Coruxo, e foi el mesmo o que escolleu a cor da camiseta que onte mesmo retiramos.

Así, o Premio ÁLEX POMBO ao Porteiro menos Menos Batido da Pref. e 1ªAutonómica é para Anxo, porteiro ceense do Soneira. E detallazo o que tivo Anxo Varela regalando o premio á familia de Pombo, igual que Luís Porto que lle tiña preparado un completo anuario deste curso do Malpica para darllo a seu irmán José Ramón pero non puido acodir á Gala.

E como broche final… Sorpresa para un Veterano

Homenaxe do Ameixenda a Oscar Riolo

Quixo a familia da SD Ameixenda ter un detalle co seu eterno capi… E de sorpresa que suba a directiva que lle quere dar este detalle a Óscar Riolo, que este ano se retira. Un detalle que nos serve para darlle o adeus a outros que colgan as botas como Diego de Buño, ou o propio Piti.

Patrocinadores Gala

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios