Martes. 16.07.2019
El tiempo

A Gala QPC puxo en Santa Comba o emocionante broche de ouro á temporada do Fútbol da Costa

A Gala QPC puxo en Santa Comba o emocionante broche de ouro á temporada do Fútbol da Costa
Este pasado venres 22 de xuño, xentes de toda a comarca encheron o auditorio Edificio Multiusos de Santa Comba na V Gala do Fútbol da Costa - QPC. Un cheo absoluto, outro máis, como naquela presentación do álbum de cromos en 2013 que significaba o primeiro evento social aberto deste diario. A Gala puxo un inmellorable broche a unha longa temporada, valorando o traballo daqueles equipos que mellor fixeron as cousas. Foron precisamente case 100 persoas as que escolleron, coas súas votacións, os premios aos mellores do curso, nunha cita que serve para vertebrar a Costa da Morte a través do fútbol, convertindo o deporte nun verdadeiro axente transformador da sociedade. Cheo absoluto na Gala do Futbol da Costa- QPC en SAnta Comba-Foto-David Castro Cheo absoluto na Gala do Fútbol da Costa- QPC en Santa Comba-Foto-David Castro Marcos Pereiro e Fran Hermida conduciron a gala do Futbol da Costa en SAnta Comba-Foto-David Castro Marcos Pereiro e Fran Hermida conduciron a gala do Fútbol da Costa en SAnta Comba-Foto-David Castro Ao mando da Gala estivo, coma sempre, a eterna Voz do Fútbol da Costa. Fran Hermida (Cadena Ser), coa súa versatilidade indiscutible, levou a gala con mestría, acompañado dun Marcos Pereiro que non quixo saír do escenario en ningún momento, e que foi metendo sorrisos durante as case dúas horas que durou o acto. Ambos fixeron que a longa entrega de case 30 premios fose máis que levadeira. Exposicion de camisetas do Futbol da Costa en SAnta Comba A gala estivo engalanada cunha fermosa exposición de camisetas Ademais, a gala completouse cunha fantástica Exposición de Camisetas, na que incluímos tamén unha ficha coa orixe das cores de todos os equipos. Ao longo do verán iremos recuperando esa información, equipo por equipo, no diario. Aaaaah, e por certo, os visitantes escolleron a camiseta do Monte Louro co propio Montelouro ao fondo, como a máis bonita de todas as expostas. Marcos Pereiro coa camiseta do Monte Louro-Foto-David Castro Marcos Pereiro coa camiseta do Monte Louro, escollida como a máis bonita da exposición-Foto-David Castro

Emotividade

Huelvis e Silvia Cancela entrega o Premio Historico a familia de Torreira-Foto-David Castro Huelvis e Silvia Cancela entrega o Premio Histórico a familia de Torreira-Foto-David Castro A cita tivo coma sempre varios momentos emotivos. O equipo de QPC mantén vivos os premios que lembran a Abdoulaye e a Álex Pombo, pero ademais este ano vivíronse dous momentos especiais. A Gala arrincaba cunha pequena homenaxe á familia do Lira, que este ano sufrían varias perdas tremendamente dolorosas, que provocaron un terremoto emocional en toda a bisbarra. Máis emotivo, se cabe, ao estarmos en Santa Comba, foi a homenaxe a Torreira, que recibíu o Premio Histórico deste ano. Foi Huelvis o encargado de dicir unhas emotivas palabras que arrincou o aplauso máis senido da noite, e xunto á concelleira Silvia Cancela fixeron entrega do trofeo á José Ángel, primo irmán de Torreira, e á súa compañeira de vida, Carmen. Huelvis quixo ademais facerlle entrega á famiñlia dunha camiseta do Atlético de Madrid, a paixón conxunta que mantiñan, que lle tiña gardada para ir cumplir un dos seus soños, ir xuntos a coñecer o novo Metropolitano.

Os premios “Grandes”

Picallo entregando o Premio ao Mellor Equipo ao presid o Sofan Liso-Foto-David Castro Jesús Picallo entregando o Premio O Semáforo de Fisterra ao Mellor Equipo ao presi o Sofán, Liso-Foto-David Castro Así, a SD Sofán é a indiscutible vencedora desta quinta edición, levando 3 dos grandes premios da noite (o de Premio O Semáforo de Fisterra ao Mellor Equipo, o Premio Bar Bristol ao Mellor Directiva e o Premio Fútbol Táctico ao Mellor Adestrador da man de Iván Cancela). Quedou por detrás o Xallas, con grandes premios como o Premio Albañilería Esteban Blanco Mellor Xogador, a Julián López, e con varios xogares no 11 inicial. Ademais, a gran novidade deste ano, a irrupción do Fútbol Feminino, tamén quedou para o tempo dos grandes premios. Finalmente, as votacións escolleron que o Premio Aluminios Dumbría ao Mellor Club de Fútbol e Fútbol Sala Feminino fose para As Miúdas de Muros, que pechan así a histórica temporada da súa estrea en competición. Familia das Miudas Premio ao Futbol Feminino-Foto-David Castro Familia das Miudas,con Victor Trillo de Aluminios Dumbria, recollendo o Premio ao Futbol Feminino-Foto-David Castro Premio Calvo 11 ideal Futbol da Costa 2018 Premio Calvo 11 ideal Futbol da Costa 2017/2018 Do Premio Calvo ao 11 ideal, cómpre destacar a presencia de dous porteiros, cunha fermosa historia en común ademais. Julián (Xallas) e Dani Fedello (Baio), son dous carballeses que dende nenos aprenderon xuntos a ser porteiros e persoas. Viviron xuntos grandes fitos na canteira do Bergantiños como aquela vitoria na Arousa Cup contra o Real Madrid, unha chea títulos en fútbol base, e a ascensión ata o debut en 3ª división co Bergan, nunha tempada xuntos ocupando a meta en Carballo, antes de comezar a buscarse a vida polos campos de futbol adiante. Ao seu lado, a defensa estaría formada por Álex Canedo (Xallas), Aarón (Soneira) e Roberto Amoedo (Mazaricos); o medio tería a Pesco (Lira-Dumbría), Julián (Xallas), Luís (Sofán) e Parafita (San Lorenzo), e a dianteira estaría formada por Juan de Dora (Sofán), Pablo Muíño (Baíñas) e MC (Baio). Un 11 ideal que buscará, co apoio da RFGF un rival de entidade para volver a vestir a camisola do Cominado da Costa Sénior. Premio Calvo ao 11 ideal do Futbol da Costa 1718-Foto-David Castro Foto dos gañadores do Premio Calvo ao 11 ideal do Futbol da Costa 1718-Foto-David Castro É certo que se puido botar de menos algún premio para unha Esteirana, campiona da Liga da Costa, que marchou de baldeiro, pero as votacións ás veces tampouco son o sistema máis xusto do mundo. O mesmo acontece cos equipos da 3ª Galega, demasiado pouco representados nestes eventos.

Máis premios

Trucho e Bugy na Gala do Futbol da COsta-Foto-David Castro Trucho e Bugy na Gala do Futbol da Costa-Foto-David Castro Ao escenario subiron orgullosos os Pichichis e Zamoras das Ligas da Costa 2017/2018. Primeiro subiron Trucho, da Escola de Deportes Nordés, co nome propio dos porteiros da Costa deste ano, que non é outro que Bugy, recuperado en tempo récord un derrame cerebral. Aí estiveron recollendo os seus trofeos Xandre (Muros); Toni (Mazaricos) e Anxo (non puido estar e subiu o delegado soneirán Manel) como zamoras; e Cristian (Ameixenda), Pablo Muíño (Baíñas) e MC (Baio) como pichichis). Tamén recolleron o seu premio Carlos Lema e Guille, protagonistas do Premio Clínica O Burgo Carballo á Acción Máis Deportiva.   Premios aos Zamoras e Pichichis das Ligas da Costa 2017 2018 Arriba Xandre (Muros) con Bugy e Trucho; Miky de Comercial Agrícola Miky con Toni (Mazaricos); e Manel, delegdo do Soneira, recollendo premio de Anxo, o premio Alex Pombo; Abaixo: Cristian (Ameixenda) con Irene Paradela de Dafit; Pablo MUíño con Juan Silva de Representaciones Juan; e MC (Baio) con Corredoira, recollendo premio Reale Seguros. Fantástica, coma sempre, a xa habitual presencia do colectivo de Árbitros da Costa da Morte, que escollen nesta gala ao Árbitro e ao Delegado do Ano. O colexiado escollido non foi o outro que o vimiancés Óscar Santos, que se empeñou en devolverlle o premio á propia Delegación de Árbitros na Costa, pola gran familia que están montando. Ademais, o delegado máis valorado polos colexiados foi Pablo Caamaño, do Cerqueda. Comprometido grupo de arbitros da Costa na Gala QPC-Foto_David Castro O Comprometido grupo de árbitros da Costa na Gala QPC-Foto_David Castro Vitor Recarei entrega o premio ao Delegado do Ano a Pablo Caamano do Cerqueda-Foto-David Castro Vitor Recarei entrega o premio ao Delegado do Ano a Pablo Caamano do Cerqueda-Foto-David Castro

Seleccións da Costa

Seleccions da Costa sub12 e sub 15 premiadas na Gala do Futbol da Costa-Foto-David Castro Seleccions da Costa sub12 e sub 15 premiadas na Gala do Futbol da Costa-Foto-David Castro Foi, sen dúbida, outro dos momentos da noite, cando subiron ao escenario máis de 30 rapaces que forman parte das primeiras Seleccións da Costa da historia. QPC quixo valorar a aposta da Delegación costeira da RFGF polas Seleccións de base sub-12 e sub-15, facendo entrega ao seu delegado, Manolo Corredoira, do Trofeo Especial Abdoulaye ao Fútbol Base. A RFGF aproveitou a ocasión para darlles un fermoso detalle a cada xogador, un polo da Federación que luciron con orgullo na foto de familia. O Premio Autocares J. Pombo ao Mellor Club Base volveu recaer no Dumbría C.F. Foto de familia dos premiados da Gala do Futbol da Costa - QPC 2017 2018-Foto-David Castro Foto de familia dos premiados da Gala do Futbol da Costa - QPC 2017 2018-Foto-David Castro

Agradecementos

Lara, Jesús, Iago, Anxo e Óscar, inmellorables "azafaifos" da Gala do Futbol da Costa-QPC-Foto-David Castro O equipo de QPC ten que agradecer ao Concello de Santa Comba, á súa alcaldesa, María Pose, á Concelleira de Deportes Silvia Cancela, e tamén a estes técnicos que o fan todo tan sinxelo, Huelvis, José María Suárez, Vilariño e Rosa. Agradecemos tamén a incansable colaboración de Fran Hermida como parte da familia QPC, e o traballo sano de David Castro. Tamén cómpre agradecer o compromiso da Real Federación Galega de Fútbol con esta Gala e co Fútbol da Costa. E como non, aos patrocinadores, sen os que sería imposible levar a cabo estes eventos: Comezando por Calvo, e continuando por Bar Bristol de Carballo, a Revista Fútbol Táctico, Albañilería Esteban Blanco de Castriz, O Semáforo de Fisterra, Aluminios Dumbrías , Saunier Duval , Clínica O Burgo Carballo, Autocares J. Pombo , Seguros Reale-Roberto Mouro, Representacións Juan Silva; DaFIT Adestramento Persoal; Comercial Agrícola Miky, e Vitureira Bouzas. Ademais Escuela de Porteiro Nordés entregará uns guantes para os zamoras. Non esquecemos tampouco aos Estación de Servizo Bazarra, o propio Roberto Mouro-Reale Seguros e Restaurante D’Álvaro que están todo o ano colaborando co Fútbol da Costa. Patrocinadores da Gala Futbol da Costa 2018 copia

Gala 2018

Outras galas

Fonte

Comentarios