Martes. 19.03.2024
El tiempo

QPC entregou os premios do Fútbol da Costa 2013-2014

QPC entregou os premios do Fútbol da Costa 2013-2014
Premiados do Futbol da Costa -QPC 13-14-Foto-Jorge Parri

Menuda noite!!! Gracias a todos os que converteses QPC e a Casa da Cultura de Olveira, en Dumbría, no punto de encontro do Fútbol da Costa nesta III Gala do Fútbol da Costa - QPC. Esa precisamente era a nosa intención, despois de 7 anos vertebrando a Costa da Morte a través da rede. E coido que conseguimos xuntar xentes de Malpica ou de Sofán, con xentes de Muros e Outes, dando conta do potencia do noso fútbol, e servindo de especial homenaxe global aos 50 anos do Fútbol Costeiro. Un Fútbol da Costa que trascende o deporte, e xa se convertiu hai tempo nun asunto social, e por iso copa a nosa portada.

Foi un emotiva noite de premios, acollida pola profesionalísima xente do Concello de Dumbría, á que tanto temos que agradecer, e dirixida por un grande. Gracias Fran Hermida por prestarnos a túa voz, A Voz do Fútbol da Costa, e o teu temple sobre o escenario. Non había espectáculo como en outras ocasións pero é que el mesmo é un espectáculo en si.

Fran Hermida-A Voz do Futbol da Costa-Foto-Jorge Parri Xentes de toda a Costa na Gala-Foto-Jorge Parri

Falouse de unión, de como necesitamos unha entidade que nos represente, a todos, diante da Federación, para que non ocorran situacións como a destes días, precisamente.

En todo caso, como dicimos, foi unha noite de premios, cos fermosos trofeos dos Oleiros de Buño e de Viki Rivadulla, así que imos repasando un por un os acontecementos da Gala.

Premios da gala do Futbol da Costa dos oleiros de Buno e de Viki Rivadulla

Homenaxe aos 50 anos do fútbol costeiro

Quixemos convertir a Gala nun evento que servise para homenaxear á historia do noso Fútbol. E se falamos de historia tivemos que contar con dous grandes divulgadores como Luís Porto e Xosé María Lema Suárez. Aí está o traballo de Luís Porto, que xunto ao seu sobriño Héctor Pose realizou o fantástico libro “Mar de Paixón” e Xosé María Lema Suárez co seu “Historia do C.D. Baio e da Liga da Costa”, publicado no 1989. Estaremos atentos que el e mais Chema Rei, presi do Baio, están armando outro libro, que en breve estará nas librerías e cantinas:  “Cincuenta anos do C.D. Baio e da Liga da Costa”.

Ambos entregaron o trofeo, un fermoso balón de barro feito polos Oleiros de Buño en colaboración co Concello de Malpica, aos membros históricos dos 6 equipos fundadores que seguen en competición: Cee, Fisterra, Laxe, Ponteceso, Porteño e Baio.

Equipos fundadores da Liga da Costa homenaxeados-Foto-Jorge Parri

Sorpresa levaron os Porto e Lema Suárez cando Fran Hermida non os deixou baixar do estrado e lles entregou tamén un dos trofeos de Buño polo seu traballo de divulgación da nosa historia. Ben merecido, dende logo.

Luis Porto e Xose Maria Lema Suarez homenaxeados na Gala do Futbol da Costa-QPC-Foto-Jorge Parri

Premiando o traballo do Fútbol Base

Vinto recollendo o Premio aos Miudos-Foto-Jorge Parri

Que alegría levou Vinto cando o chamamos esta semana para dicirlle que a familia QPC decidira entregar o Premio Especial Reale Seguros de Ponteceso a Os Miúdos. Un club sen o respaldo e unha infraestrura completa de club; un dos clubs que máis fichas de base ten con máis de 120 nenos xogando, unindo aos cativos de todo o concello baixo un mesmo escudo, dende 2007 traballando e con 6 equipos en diferentes categorías. E se ben non nos interesa tanto destacar os títulos, este ano chegaron ás semis da Copa Infantil.

O segundo premio ao Fútbol Base foi escollido polos 140 especialistas (equipo QPCDeportes e colaboradores, siareiros, xornalistas 3 membros de cada club). E a unanimidade foi aplastante: Óscar Leis recolleu o I Premio CALVO ao Fútbol Base para o Dumbría CF.

Mellor Club Base-Futbol da Costa-QPC-Dumbria Oscar Leis do Dumbria e David Castro-Foto-Jorge Parri Pablo Varela con Antonio Trillo Canosa-Foto-Jorge Parri

Foi Antonio Trillo Canosa o gañador do Premio CALVO ao Máis Entendido, a porra que artellou ao longo do ano unha ausente Asociación de Clubs.
E foi Fermín, o presidente do Mazaricos, o que recolleu o Premio Muebles Carrasco ao Equipo Máis Deportivo.

Fermin recollendo o Premio ao Mazaricos-Foto-David Castro

Falando do Álbum

E chegou o momento do Álbum. Menudo éxito o Álbum este ano. Ver a homes feitos e dereitos mercando sobres e pegando cromos como cativos non ten prezo. Recibimos case que 100 fotos de xentes que completaron o álbum e que entraban no sorteo do Premio ElectroChouza- Tien21 ao que completou o Album de Cromos. Vemos a conexión en directo que fixeron dende a Gala coa Notaría de Corcubión para ver o sorteo en “rigorosísimo” directo, da man do enviado especial Javier Calaza:

Pois aí subiu Puyol, do San Lorenzo a recoller a Play 3 da man de Domingo, de ElectroChouza- Tien21.

Puyol e Domingo-Foto-Jorge Parri

De pichichis e porteiros menos goleados

Gracias aos patrocinadores Chuminadas O Rollo, Aluminios Dumbría, Atrio Proyectos, Dafit Entremamiento Personal, Representaciones Juan, Vitureira Bouza e a Soloporteros.com, que nos cedeu unhas luvas espectaculares para os porteiros. E gracias ás máquinas do fútbol costeiro que subiron a recoller os seus premios: Óscar Suárez (Malpica) foi o pichichi da Pref. e 1ª, pero non puido acodir e foi o directivo malpicán Marcos Amado o que recolleu o premio; Julián (Dumbría) como porteiro menos goleado da Pref. e 1ª; Raúl (Sofán) como pichichi da 2ª; Gato (Outes foi o porteiro menos batido da 2ª; Javi Suárez (Baíñas) o pichichi da 3ª e Isma (Montelouro) o porteiro menos batido da 3ª.

Pichichis e Porteiros menos batidos do Futbol da Costa 13-14-Foto-Jorge Parri

E o mesmo Anxo Garrido entregou a Manu Guillamet o I Premio Vitureira #Regateegol, por dar 110 toques ao balón! Gracias Anxo por esas fantásticas vídeo-entrevistas!

Manu Guillamet e Anxo Garrido enRegateeGol-Foto-Jorge Parri

Premio Calvo ao 11 ideal, con sorpresa

Reiteramos que as votacións foron completamente abertas entre 140 especialistas. Se ben o equipo de #QPCDeportes propuxo 5 candidatos por posto, cada votante puido escoller quen quixera. E a verdade sae un 11 Ideal bastante xusto e apañado, que poderá competir co Fabril na última fin de semana de xullo. Esa era a sorpresa que nos tiña gardada Alberto Pose, o home dos contactos, que está armando un partido entre a Selección da Costa e o Fabril, do que seguiremos informando.

Estes eran os nominados:

  • Porteiro: Gato (Outes), Bugy (Sofán), Julián (Dumbría) e Pombo (Malpica).
  • Lateral Dereito: Matías (Camelle), Pichi (Soneira), Adrián (Malpica) e Rubén Forján.
  • Lateral Esquerdo: Pereiro (Zas), Oscarín (Dumbría), Chinda (Castriz) e Manu Casal (Malpica).
  • Centrais: Miguel Torrado (Corme), David Castro (Malpica), Dani Rama (Esteirana), Alejandro (Corme), Aarón Fdez. (Dumbría) e Víctor Vecino (Zas).
  • Medios centros: Jota (Dumbría), Juan oBello (Malpica), Brais (Corme), Lucas (Corme), Baba (Soneira) e Jesús (XSC).
  • Interior Dereito: Doro (Dumbría), MC (Baio), Juan Chans (Corme), e Alex (Esteirana).
  • Interior esquerdo: Aitor (Fisterra), Xexo (Muros), Toniño (Corme) e Josiño (Esteirana).
  • Dianteiros: David Blanco (Zas), Javi Suárez (Baíñas), Adrián Makaay (Dumbría), Óscar Suárez (Malpica), Raúl (Sofán) e Kike Paluca (Esteirana).

E estes é o 11 ideal:

11 ideal do Futbol da Costa- EQUIPO 11 Ideal do Futbol da Costa menos Oscar Suarez e Aitor-Foto-David Castro

Os máis esperados premios

5 eran os premios máis esperados e a tensión mascábase no ambiente. Pero antes, imos ver como pulsaba a xente antes da gala, con este vídeo de entrevistas realizadas por David Castro e editado por Gabi Ferrío:

Mellor Afección

E comezou a entrega cun dos motores do noso fútbol, os siareiros. Asó que o Premio E.S. Bazarra á Mellor Afección, entregado por dous representantes de Bazarra, David Lourido e Sandra foi para… a Marea Azul do Corme CF.

Mellor Afeccion-Futbol da Costa-QPC-Corme A do Corme o Premio a Mellor Afeccion-Foto-Jorge Parri

Mellor Directiva

Tocaba o Premio Representaciones Juan á Mellor Directiva e quen mellor que Juan Silva, que sabe ben o traballo que conleva formar parte dunha directiva, para facer entrega. A gañadora foi a do… CF Dumbría.

Mellor Directiva-Futbol da Costa-QPC-Dumbria

Mellor Adestrador

O Premio Fútbol Táctico ao Mellor Adestrador, despois dunha dura votación foi para… Manu Roque (Outes).

Mellor Adestrador Futbol da Costa-QPC-Manu Roque Manu Roque Mellor Adestrador da Copa-Foto-Jorge Parri

Mellor Equipo

Xa chegando ao final, era tempo dun dos premios máis esperados, o Premio Autocares J. Pombo ao Mellor Equipo, que entregou o mesmo porteiro do Malpica. Cunha rotunda maioría, e 80 votos, o gañador foi o Corme CF.

Mellor Equipo-Futbol da Costa-QPC-Corme Suso da Torrina recolleu o Premio de Mellor Equipo para Corme-Foto-Jorge Parri

Mellor Xogador

E finalmente chega o momento máis esperado. Tocaba o Premio Clínica Fisioterapia Sar ao Mellor Xogador. Non chegou Miki a tempo para entregalo pero a tensión mascábase, e finalmente o gañador, tras unhas votacións nas que se mesturan a traxectoria como a temporada actual, foi para… Doro (Dumbría).

Mellor Xogador Futbol da Costa-Doro Doro Mellor Xogador da Costa-Foto-Jorge Parri

A gala rematou cun detalle que o equipo de #QPCDeportes quixo ter cun compañeiro. Ese compañeiro que, dende a sombra, fai de alma máter do grupo. Pero non só por iso, se non tamén polo recoñecemento ao seu traballo na divulgación do fútbol costeiro xa dende hai máis de 10 anos dende a web do Vimianzo, ou coas guías do fútbol costeiro. Gracias Óscar Santos! O premio, un farolillo vermello, como o que nos anos 70 se entregaban aos pechacancelas no Fútbol da Costa. Non é que Óscar sexa o noso pechacancelas, máis ben sempre é o último en saír, coidando que todo quede ben limpiño e xeitoso.

Homenaxe sorpresa a Oscar Santos-Foto-Jorge Parri

E non marchamos sen antes deixarvos un pequeno avance do Photocall da Gala, que completaremos cun álbum de fotos no Facebook “Fútbol da Costa” e, como non, no de Jorge Parri:

Photocall Gala Futbol da Costa QPC-Fotos-Jorge Parri

Agradecementos

Azafatas da Gala do Futbol da Costa-Foto-Jorge Parri

Ante todo, temos que dar ás gracias a toda a familia do Concello de Dumbría que fixo un traballo fantástico. Temos que agradecer tamén a presencia de Josiño Mira da Radio Nordés-Cadena Ser e de José Manuel Ferreiro, de La Voz. E temos que agradecer a labor das guapísimas azafatas Paula, Lidia, Soraya e Idalia, que nos viñeron a botar unha man para que todo fose máis rápido.

E sobre todo, temos que agradecer aos patrocinadores que fixeron posible este evento: CalvoSantitel, ES Bazarra, Clínica Fisioterapia Sar, Autocares J. Pombo, Representacións Juan, Fútbol Táctico, Reale Seguros Ponteceso, Dafit, Entrenamento PersoalChuminadas O Rollo de Corcubión, Mobles Carrasco de Carnota, Aluminios DumbríaVitureira Bouza, Electro Chouza Tien21 e Soloporteros.com. E por suposto, a Viki Rivadulla, e ao Concello de Malpica e mais os Oleiros de Buño polos premios, ademais do Concello de Dumbría por acollernos así de ben.

Ata o ano que vén.

O resumo completo

Santi Soneira nos deixa o pouco máis dunha horiña de Gala completa:

Máis información

Novas da Gala

Fonte

Comentarios