Xa temos cadro das #CopadaCosta 2018


Xa temos en www.copadacosta.com os cadros das Copas de Sénior, Xuvenís e Infantís (a cadete aínda están en liguilla previa). Non fallaron os responsables dos clubs a esta cita singular do sorteo da Copa da Costa, a nosa senlleira competición que cumple a súa 55 edición.
Unha nota destacada é que as 4 finais se disputarán a fin de semana do sábado 16 e domingo 17 de xuño.
Copa da Costa Sénior

A meirande novidade é a non participación do Dumbría, inmerso na loita pola permanencia na Preferente e cun equipo xuvenil aínda con opcións de pelexar a Fase de Ascenso á Liga Nacional.
Deste xeito, quedou un equipo excluído dos Dezaseisavos, despois de que Laxe e Seaia eliminasen a Corcubión e Castrelo na rolda previa.
O choque máis destacado será un derbi entre Cerqueda e Buño, coas espadas en todo o alto. O horario habitual será o domingo ás 18:00h
A competición comeza xa o vindeiro martes 1 de maio, e tamén hai competición o 17 de maio, para disputar a final o 17 de xuño, seguramente en Fontenla (o único que pediu actualmente a organización foi o Concello de Santa Comba), no que sería o último partido en herba natural antes de facer as obras para cambialo a céspede artificial.
Copa Xuvenil

A Copa Xuvenil arrincará o 5 de maio, cun choque entre Fisterra e Esteirana por todo o alto, cun equipo, iso si, metido na fase de ascenso.
O Corcubión, por sorteo, quedou exento dos Oitavos.
Copa Infantil
A competición comeza este 1 de maio cunha previa.
Máis información
- www.copadacosta.com: Os cadros das Copas da Costa e das Fases de Ascenso.
- www.futboldacosta.com, as táboas das ligas da Costa.
- Facebook “Fútbol da Costa”, todas as novidades en tempo real.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).