Xa temos horarios para as Finais da Copa da Costa

Cartel_CopadaCosta 2023

Este domingo 25 de xuño, despois de coñecer os gañadores dos premios aos mellores do curso Gala do Fútbol da Costa - QPC de Corcubión, poremos o peche á tempada coa gran cita: a final da Copa da Costa. 

A gran festa do fútbol costeiro que dende hai varios anos se divide en doble festa. Pola mañá o campo de Fontenla (Santa Comba) acollerá, ás 12:00h, a terceira edición da final feminina entre o poderoso Bergantiños e o Cee.

Xa ás 18:00h, o campo xalleiro engalarase para acoller a final masculina entre CD Baio e Sofán. Parte como favorito o cadro carballés, como o equipo que compite máis arriba de todo o fútbol costeiro, para estrear o seu palmarés copeiro. Pero en fronte terá un equipo baiés que está rematando o curso coa frecha para arriba e recuperou moitos xogadores que estiveron longas temporadas de baixa.

Irémolo contando a través do Facebook de Fútbol da Costa e mais actualizando o resultado minuto a minuto en www.copadacosta.com.

 

MÁIS INFO